Belén do Campo reúnese con Eduardo Parga e destaca o investimento de máis de 325.000 € que se realizará neste concello para construír unha glorieta na AC-418

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada lembrou que a Xunta investiu máis de 400.000 euros no 2023 en diferentes actuacións neste municipio

Malpica (A Coruña), 14 de xuño de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, co alcalde de Malpica, Eduardo Parga. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio.

 

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no 2023, a Xunta investiu case 400.000 euros de euros neste concello a través das distintas liñas de axudas en actuacións como a mellora dos parques infantís de Malpica, Leiloio ou Seaia ou a mellora dos equipamentos da EDAR de Malpica.

 

A delegada da Xunta tamén lembrou que o pasado mes de abril a Xunta someteu a información pública o proxecto de construción dunha glorieta na estrada autonómica AC-418, ao paso polo concello de Malpica á que a Xunta destinará un investimento de 325.000 euros. Trátase, lembrou a delegada, de actuar na AC-418, concretamente no quilométrico 15+470, punto especialmente sensible ao ser unha intersección que dá acceso ao colexio público Milladoiro e ao centro cívico da localidade. Se prevé aprobar definitivamente o proxecto en outono para realizar a convocatoria dos actos expropiatorios e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025.

 

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. A súa presenza Malpica  subliña a relevancia de entender as necesidades locais directamente dos habitantes e gobernantes locais, buscando sempre manter un diálogo aberto e efectivo.

 

Do mesmo xeito, Belén do Campo e Eduardo Parga analizaron as necesidades do concello no ámbito educativo e tamén falaron das diferentes infraestruturas previstas no concello como as novas actuacións de saneamento cunha EDAR en Beo. No encontro tamén repasaron o resultado de distintas actuacións enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos concellos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265729 {"title":"Belén do Campo reúnese con Eduardo Parga e destaca o investimento de máis de 325.000 € que se realizará neste concello para construír unha glorieta na AC-418","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150779\/1.jpg","id":"265729"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265729-belen-do-campo-reunese-eduardo-parga-e-destaca-investimento-mais-325-000-se-realizara-neste-concello-construir-unha-glorieta-na-ac-418 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.