Lorenzana destaca o compromiso da Xunta por incrementar a competitividade do sector forestal-madeira

  • Apunta que o plan director do sector que se prevé que estea aprobado a finais deste ano aborda os principais retos desta industria
  • Sinala que a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no Pleno da vindeira semana, regula o mercado voluntario de créditos de carbono

Castro de Rei (Lugo), 14 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ratificou hoxe o compromiso da Xunta por incrementar a competitividade do sector forestal-madeira afianzando a colaboración público-privada e co obxectivo de pechar o ciclo de produción en Galicia. "O Goberno de Galicia continúa apostando firmemente polo sector forestal e o madeireiro -dixo-. A Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) cambiou de consellería pero os retos son os mesmos e o compromiso é o mesmo".

Lorenzana apuntou que a cadea de valor forestal-madeira representa preto do 12 por cento do emprego industrial de Galicia, que é a novena potencia forestal europea e lidera o sector a nivel nacional. Segundo os últimos datos, esta industria acadou unha facturación conxunta no ano 2022 que foi a máis elevada desde que hai rexistros: preto de 2.700M€. Abrangue 3.000 empresas distribuídas por toda a xeografía galega, de feito, en máis dunha vintena de comarcas esta industria está entre os tres primeiros sectores industriais por emprego xerado.

A conselleira, que estivo acompañada polo delegado da Xunta de Lugo, Javier Arias, avogou pola colaboración e pola innovación para afrontar retos como a globalización dos mercados, a dixitalización dos procesos e a necesidade da sustentabilidade ambiental. Retos, engadiu, que aborda o plan director do sector forestal-madeira que está elaborando a Xunta de Galicia coa previsión de que estea aprobado a finais deste ano, apuntou.

En relación á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), sinalou que se reforzaron as súas competencias, en primeiro lugar, para mellorar a coordinación dos centros de investigación en materia forestal. Deste xeito, incorpora o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, que se suma ao CIS-Madeira (San Cibrao das Viñas, Ourense), xa integrado. Tamén se referiu á nova Área de Información Forestal, que será a encargada da creación e mellora de sistemas de información e estatística forestal de Galicia, "un punto de partida básico para tomar calquera tipo de decisión respecto das políticas públicas que levemos a cabo e das decisións empresariais", observou.

Segundo explicou, esta nova área da Xera vai traballar no mercado voluntario de créditos de carbono regulado xa na Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no Pleno da vindeira semana. Unha lexislación única e de referencia, apuntou, que inclúe a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono mediante créditos certificables que poden ser vendidos a través dunha plataforma de intercambio.

O sistema será interoperable con outros de ámbito estatal ou europeo, seguindo metodoloxías internacionais, e permitirá desenvolver proxectos e actividades que incrementen a absorción de carbono e a redución da emisión de gases de efecto invernadoiro. Isto contribuirá á protección do medio natural e ao desenvolvemento sustentable do noso territorio, no marco da estratexia de transición cara á neutralidade carbónica, abondou.

Lorenzana, concluíu aludindo á importancia da formación e da retención do talento, así como de seguir avanzando na protección da seguridade e saúde laboral do sector; un asunto, dixo,  ante o que Lugo Madera é un exemplo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265728 {"title":"Lorenzana destaca o compromiso da Xunta por incrementar a competitividade do sector forestal-madeira","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"265728"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265728-lorenzana-destaca-compromiso-da-xunta-incrementar-competitividade-do-sector-forestal-madeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.