A Xunta ultima a licitación das obras da intermodal de Lugo coa previsión de comezar os traballos este verán

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañou ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na visita ás obras, e reivindicou ao Goberno central que non exclúa a cidade da alta velocidade
  • O Goberno galego destina máis de 13 millóns de euros á construción da nova infraestrutura e á creación dun aparcamento subterráneo, no marco do convenio con Adif e o Concello

Lugo, 14 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reclamou hoxe en Lugo un reforzo dos servizos ferroviarios estatais na cidade para que se incorpore ao mapa da alta velocidade que lle dea sentido á nova estación intermodal que se está a construír e que hoxe visitou xunto co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.  

O conselleiro de Presidencia, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que as obras da estación de autobuses intermodal enmárcanse nun convenio asinado o ano pasado entre a Xunta, Adif e o Concello de Lugo por máis de 49 millóns de euros. O investimento do Goberno galego supera os 13 millóns para a construción da nova estación e dun aparcamento subterráneo con 240 prazas, que responden a unha necesidade da estación de ferrocarril e da propia cidade.

Durante a visita, anunciou que a licitación das obras da terminal se atopan na última fase, polo que a Xunta prevé asinar en breve os contratos co obxectivo de comezar os traballos  neste verán, en coordinación coas obras da estación ferroviaria. Estas obras da estación de autobuses intermodal de Lugo son financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Como explicou Diego Calvo, a Administración autonómica mantén o seu compromiso para dotar Lugo dun gran centro de transporte público, cunhas instalacións modernas e accesibles e cun aparcadoiro subterráneo.

Ademais da colaboración entre administracións na posta en marcha desta infraestrutura,  o conselleiro incidiu no deber de traballar xuntos na defensa dun reforzo dos servizos ferroviarios na provincia, debido a que a actual oferta de servizos ferroviarios é insuficiente e incapaz de responder ás necesidades de mobilidade dos veciños de Lugo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265114 {"title":"A Xunta ultima a licitación das obras da intermodal de Lugo coa previsión de comezar os traballos este verán","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"265114"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265114-xunta-ultima-licitacion-das-obras-da-intermodal-lugo-coa-prevision-comezar-os-traballos-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.