A Xunta adxudica por preto de 300.000 euros a execución das obras de mellora da mobilidade peonil nas estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa

  • Trátase de habilitar un itinerario para garantir a seguridade na conexión a pé entre Bamio e Carril, conectando as beirarrúas existentes nos extremos
  • Construirase un acceso ao cemiterio, que se sitúa á marxe contraria da beirarrúa, cun paso de peóns regulado cun semáforo e unha pasarela de baixada ao cemiterio

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 297.308 euros a execución das obras de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.

Esta intervención, adxudicada á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., conta cun prazo de execución de 5 meses, e ten como obxectivo resolver a configuración da intersección entre estas dúas vías autonómicas para favorecer a seguridade e a mobilidade peonil entre estes núcleos do municipio arousán e a conexión co cemiterio municipal situado na proximidade.

En concreto, baixo este contrato, executarase un itinerario alternativo máis seguro e segregado do tráfico rodado, posibilitando a conexión a pé entre Bamio e Carril, conectando as beirarrúas existentes nos extremos.

O percorrido aproveita un treito antigo de estrada que se acondiciona como paseo peonil, completándose a senda pola beira da PO-192 e do viario municipal da gasolineira. Deste xeito conséguese comunicar as parroquias de Bamio e Carril, dando acceso peonil ao cemiterio de Carril, considerado un foco de atracción de desprazamentos na zona.

Máis en detalle, a intervención iniciarase onde finalizan as beirarrúas do Salgueiral, cruzan a estrada cun paso sobreelevado para non afectar a un petróglifo existente na beiravía. A partir deste punto, a senda discorrerá en paralelo á PO-192 e ao viario municipal que dá acceso á gasolineira. O percorrido proseguirá polo viario municipal ata alcanzar o paso inferior que salva a variante de Carril (VG-4.7).

Unha vez pasada a estrutura, crúzase a calzada mediante outro paso de peóns sobreelevado para dirixirse a un camiño que se acondiciona con formigón coloreado e ancho de 2 metros, protexéndose o desnivel cunha varanda metálica. A continuación, o percorrido discorrerá sobre a estrada antiga ata alcanzar a beirarrúa existente en Carril.

Para acceder ao cemiterio de Carril é necesario cruzar a PO-548, sen que exista na actualidade ningún cruzamento seguro para isto. A intervención prevé a execución dun paso de peóns regulado mediante un semáforo con pulsador, ademais de complementar as escaleiras actuais cunha rampla executada mediante unha pasarela de madeira.

Ademais, para garantir a seguridade dos peóns no tránsito pola senda, a intervención complétase coa inclusión de iluminación pública.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265109 {"title":"A Xunta adxudica por preto de 300.000 euros a execución das obras de mellora da mobilidade peonil nas estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"265109"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265109-xunta-adxudica-preto-300-000-euros-execucion-das-obras-mellora-da-mobilidade-peonil-nas-estradas-po-548-e-po-192-bamio-e-carril-vilagarcia-arousa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.