A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Ribeira e Rianxo

  • O lume no municipio ribeirense produciuse durante os traballos de roza agrícola e o rexistrado en Rianxo debido a unha neglixencia durante unha queima

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago veñen de esclarecer dous incendios forestais, un deles rexistrado o pasado 24 de abril no concello de Ribeira e outro o 23 de maio en Rianxo.

O lume de Ribeira produciuse no lugar de Deán Grande e afectou 75 metros cadrados de terreo agrícola. Nunha primeira inspección ocular, os axentes observaron que na parcela se atopaban restos de rozas agrícolas. Na extinción do incendio participaron un axente forestal, 2 cuadrillas e o Grupo Municipal de Emerxencias de Ribeira.

No caso do incendio en Rianxo, rexistrouse no lugar de Abuín, queimando 40 metros cadrados de terreo forestal arborado e na súa extinción traballaron un axente forestal e unha motobomba.

Os axentes identificaron e investigaron como presunta responsable do lume á persoa que executou os traballos de roza en Ribeira e ao presunto autor da neglixencia á hora de realizar queimas en Rianxo.

As dilixencias por ambos lumes trasladáronse ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.

A Policía Autonómica leva investigadas no que vai de ano un total de seis persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
264467 {"title":"A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Ribeira e Rianxo","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"264467"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/264467-policia-autonomica-esclarece-dous-incendios-forestais-nos-concellos-ribeira-e-rianxo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.