A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción cunha liña de axudas de 5 M€

Imagen del artículo A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción cunha liña de axudas de 5 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, inaugurou o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola USC

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, reiterou hoxe a aposta da Xunta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción e subliñou a liña de axudas da Consellería de Economía e Industria habilitada para este fin e dotada con 5M€ para os anos 2024 e 2025. 

Jacobo Aboal inaugurou hoxe o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo para dar a coñecer a industria forestal-madeira de Galicia onde puxo en valor o apoio da Xunta ao tecido industrial galego ligado á madeira, con diferentes liñas de axudas ao sector e que este ano xa acadan os 10M€.

O director tamén anunciou que nas vindeiras semanas se resolverá a convocatoria das axudas por importe de 800.000€ destinadas ao fornecemento dun conxunto amplo e diverso de accións formativas, non regradas, orientadas a profesionais da industria forestal-madeira, así como a estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira.

Finalmente, Jacobo Aboal salientou o convenio de colaboración asinado entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE) da USC para a realización das actuacións necesarias para fomentar o emprego de frondosas autóctonas para a descarbonización do sector da construción e a promoción da madeira na construción. Segundo sinalou, a través deste convenio estase a traballar en aspectos como o fomento da madeira de castiñeiro na construción con madeira, o fomento desta especie en forxados mixtos formigón-madeira ou na promoción do uso da madeira na construción co reforzamento do software gratuíto de aproximación ao cálculo estrutural denominado TRABE.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
263018 {"title":"A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción cunha liña de axudas de 5 M€","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/20240613+XeraUSC.jfif","id":"263018"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/263018-xunta-aposta-polo-impulso-da-madeira-como-elemento-estrutural-na-construcion-cunha-lina-axudas-5-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.