O Gozo Festival amplía a súa programación con Rod Stewart en decembro na Coruña co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia participa na rolda de prensa na que se deu a coñecer o novo concerto deste festival que contribúe á diversificación da oferta turística

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

O cantante Rod Stewart vén de incorporarse ao cartel de O Gozo Festival 2024 co concerto que realizará o vindeiro 15 de decembro no Coliseum da Coruña. Así o anunciou hoxe o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, durante a presentación da nova oferta musical desta iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Xunto ao director de Turismo de Galicia, tamén participou na presentación o director de  Sweet Nocturna, David Lago. Como explicaron, o artista, con máis de 250 millóns de discos e singles vendidos na súa carreira musical, chegará a Galicia da man deste festival que, ademais, ten programadas distintas opcións durante este ano en diferentes cidades galegas a cargo de reputados artistas internacionais.

Xosé Merelles indicou que, nesta segunda edición do festival, "esperamos que se poda repetir e incluso mellorar o excelente resultado do ano pasado cando se rexistraron máis de 40.000 asistentes en catro cidades entre marzo e novembro e se venderon entradas en 17 países". Recordou que se trata dunha aposta da Xunta de Galicia por apoiar os grandes festivais que son quen de dinamizar turisticamente o destino a través da música "e xerar tamén un importante retorno económico nas distintas cidades nas que se desenvolven", engadiu. Tamén recordou que terán, por iso, tamén un importante peso na futura Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030 na que se está a traballar.

Neste sentido, salientou a importancia de que O Gozo Festival diversifique a oferta en distintas cidades "diversificando así tamén o noso turismo" e que, con concertos como o anunciado hoxe que se celebrará en decembro "contribúe tamén a desestacionalizar o noso destino". Este ano están xa programadas sete datas en distintas cidades con máis de 20 artistas confirmados como Queens of Stone, que actuará o vindeiro 18 de xuño na Coruña, ou Maná o 27 de xuño na mesma cidade. O vindeiro 6 de xullo será a quenda de Ed Sheeran no Monte do Gozo, acompañado, entre outros de Bomba Estéreo ou Fillas de Casandra. Tamén está programada unha xornada de música electrónica no mesmo escenario ou o concerto de Loreena McKennit no Auditorio Mar de Vigo.

Nestes momentos hai máis de 52.000 entradas vendidas para o inicio da programación con público confirmado de Uruguay, Finlandia, México, Arxentina, Irlanda ou Xapón.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262733 {"title":"O Gozo Festival amplía a súa programación con Rod Stewart en decembro na Coruña co apoio da Xunta","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/20240613+GozoFestival.JPG","id":"262733"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262733-gozo-festival-amplia-sua-programacion-rod-stewart-decembro-na-coruna-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.