A Xunta inviste máis de 342.000 euros na eficiencia enerxética de cinco empresas turísticas da área de influencia de Pontevedra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou o Hotel San Luis e destacou a importancia de apoiar ao sector con obras que diminúen o seu consumo enerxético e a súa pegada de carbono
  • Na área territorial de Pontevedra a Xunta inviste máis de 1,2 millóns de euros para este fin en 15 empresas
  • Agustín Reguera aproveitou a visita para anunciar a posta en marcha dunha nova campaña do Bono Turístico que arrancará a finais deste mes de Xuño e que se poderá utilizar de setembro a decembro deste ano

Vilaboa (Pontevedra), 13 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Hotel San Luis, no concello de Vilaboa, que recibiu unha achega de máis de 52.000 euros como parte das subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia. 

A empresa utilizou a axuda para mellorar o illamento das fachadas e da cuberta, o que  permitirá diminuír significativamente o gasto enerxético do edificio. Ademais substituíu boa parte das fiestras do hotel.

O delegado territorial sinalou a importancia deste tipo de axudas que permiten a moitas empresas "reducir a súa factura da luz, á vez que diminúen a súa pegada de carbono". 

Trátase, segundo explicou Reguera, de unhas axudas que, máis alá de apoiar aos empresarios galegos, permiten mellorar a imaxe e a calidade dos servizos turísticos desta comunidade. 

Cabe destacar que na área de influencia de Pontevedra, esta axuda beneficiou a cinco empresas cun total de máis de 340.000 euros. Na área territorial de Pontevedra, as empresas beneficiadas son 15 e recibiron un investimento da Xunta de máis de 1,2 millóns de euros. 

O delegado territorial aproveitou a visita para anunciar a volta da campaña do Bono Turismo que arranca a finais deste mes de xuño, tanto para as empresas que queiran adherirse como para os usuarios que queiran descargalo e beneficiarse das súas vantaxes. 

A partir deste mes de xuño calquera galego poderá descargar un máximo de dous bonos de 150 euros cada un, que poderá utilizar dende o 10 de setembro, ao 25 de decembro. A Xunta porá a disposición dos usuarios máis de 16.000 bonos. Un investimento total de un millón de euros, co que espera mobilizar ata dous millóns de euros. 

Este ano haberá unha novidade, xa que o usuario terá que adiantar unha parte do bono. Isto é, dos 150 euros, o usuario terá que adiantar 90 euros e os 60 euros restantes serán asumidos pola Xunta. Esta é unha forma de evitar que moitos bonos se queden ser usar, pero non afecta ao desconto, que seguirá sendo do 40 % en estabelecementos turísticos e axencias de viaxes que teñan un centro de traballo en Galicia. 

Dende que se puxo en marcha, despois da pandemia do Covid, o Bono Turismo mobilizou ata 14 millóns de euros. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262679 {"title":"A Xunta inviste máis de 342.000 euros na eficiencia enerxética de cinco empresas turísticas da área de influencia de Pontevedra","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/1Vilaboa.jpeg","id":"262679"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262679-xunta-inviste-mais-342-000-euros-na-eficiencia-enerxetica-cinco-empresas-turisticas-da-area-influencia-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.