A Xunta publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos

Imagen del artículo A Xunta publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dunha nova oposición unificada centralizada na Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública
  • Os aspirantes que superaron o proceso na convocatoria do ano pasado forman parte da 16ª promoción de Policía Local, que rematará a súa formación na Academia en outubro antes de tomar posesión a comezos de ano como funcionarios de carreira

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 114 prazas para os corpos de Policía Local de 31 concellos galegos, das que 81 son por oposición libre e as 33 restantes por provisión de mobilidade. Estas últimas van destinadas aos policías xa en exercicio que cambian de concello mediante sistema de concurso e de conformidade cun baremo de méritos. As prazas que non se cubran polo procedemento de mobilidade aumentarán as de libre, para evitar que queden prazas sen cubrir e proporcionar un mellor servizo á cidadanía, colaborar cos concellos e fomentar a empregabilidade.

Trátase dunha nova oposición unificada da Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que o ano pasado permitiu cubrir un cento de vacantes. De feito, correspóndense co alumnado da 16ª promoción da Policía Local que actualmente se está a formar na Academia desde o pasado febreiro para finalizar en outubro.

O prazo para inscribirse nesta convocatoria comezará despois de que o anuncio se publique no Boletín Oficial do Estado e permanecerá aberto durante 20 días hábiles a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

A oposición libre contará con 5 exercicios: un test de coñecemento de 100 preguntas sobre o temario publicado, proba de coñecementos do idioma galego salvo para as persoas que estean exentas, probas de aptitude física (velocidade potencia de tren superior e inferior, resistencia xeral e natación), psicotécnicas (intelixencia, personalidade entrevista persoal)  e recoñecemento médico. Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo, tamén na Agasp, e os aspirantes admitidos pasarán a formar parte da nova promoción de Policía Local da Academia.

Os concellos que convocan prazas nesta convocatoria por algunha das dúas modalidades  son A Coruña, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cedeira, Malpica, Melide, Narón, Pontedeume, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Teo, na provincia da Coruña; A Guarda, Baiona, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; os concellos lucenses de Chantada e Lugo, e o ourensán do Barco de Valdeorras.

Proceso de selección unitario

A finais do ano 2017 a Xunta aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta cos concellos que, voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. O obxectivo desta iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, ao tempo que se dota ao proceso de maior transparencia e axilidade. Ademais, a confección de listas únicas facilita tamén a contratación.

Ademais da convocatoria para a categoría de Policía Local, xa rematou o proceso selectivo para o acceso a 127 prazas de postos de auxiliares de Policía Local de 32 concellos galegos, onde xa están sendo contratados por períodos de ata seis meses.

Tras o proceso, elaborouse a lista de colaboración para a contratación de auxiliares de policía local para os concellos que teñen convenio coa Xunta e que por circunstancias xustificadas, sexa necesaria a cobertura. Xa se rexistraron 16 chamamentos para contratacións temporais de dous a catro meses para os municipios de Bueu, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, A Laracha, Tui, Celanova e Mugardos.

Por outra banda, a 16ª promoción de policía local que se forma na Academia Galega de Seguridade Pública conta cun cento de aspirantes que superaron as distintas fases do proceso. O próximo mes de outubro, despois de estar de prácticas os meses de verán nos seus concellos de destino, volverán ás aulas para rematar a formación teórica e poder ser nomeados funcionarios de carreira a comezos de ano.

Centro de referencia

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar as novas promocións de Policía Local ofrece accións formativas con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que garanten a seguridade da poboación galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262336 {"title":"A Xunta publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/AGASP16-03.jpg","id":"262336"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262336-xunta-publica-hoxe-convocatoria-do-proceso-selectivo-cubrir-mais-dun-cento-prazas-os-corpos-policia-local-nunha-trintena-concellos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.