A Xunta remata as obras da nova glorieta da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a Alameda de Noia, cun investimento de máis de 1,15 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Executouse unha nova glorieta, con calzada de carril único de 6 metros e con beiravías, e cun deseño que ten en conta a presenza de numerosas vivendas na súa contorna
  • Mellorouse un treito de 1,3 km da estrada autonómica, renovando a capa de rodaxe da travesía e redistribuíndo o ancho da vía co fin de habilitar un itinerario peonil accesible
  • Renováronse as beirarrúas entre a nova glorieta e a alameda, reorganizando a sección da estrada para evitar os aparcamentos indebidos

Noia (A Coruña), 13 de xuño de 2022

A Xunta rematou, cun investimento de máis de 1,15M€, as obras da nova glorieta no cruce da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a alameda de Noia.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe esta intervención en Noia.

Destacou que se habilitou unha nova glorieta de 26 metros de diámetro, cunha illa interior de 2 metros, calzada de carril único de 6 metros e beiravía interior e exterior.

Sinalou que a nova rotonda mellora as condicións de seguridade do cruce da Barquiña e favorece os movementos e xiros dos vehículos. Ademais, acondicionáronse os ramais de acceso á glorieta e renovouse o capa de rodaxe.

A intervención tamén comprendeu a mellora dun treito da estrada AC-550 ao longo de 1,3 km, entre a glorieta e a alameda de Noia, ademais da renovación da capa de rodaxe da travesía e a redistribución do ancho da estrada, habilitando un itinerario peonil accesible nunha das marxes.

A actuación tamén incluíu a renovación de beirarrúas e supuxo a reorganización da sección transversal da estrada, na que antes da intervención localizábase un aparcadoiro, insuficiente en ambas as marxes, que provocaba que os vehículos subiran á beirarrúa e a deteriorasen.

Finalmente, á espera dalgúns remates das compañías subministradoras de electricidade e telecomunicacións, os traballos completáronse coa instalación de balizamento e sinalización horizontal e vertical.

A conselleira lembrou que a Xunta continúa avanzando na mellora das estradas, tendo mobilizado un investimento de 14,4M€ na estratexia de eliminación de treitos de concentración de accidentes, que permitiu diminuír nun 60% a sinistralidade rexistrada en 50 quilómetros de puntos negros na rede autonómica de estradas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262330 {"title":"A Xunta remata as obras da nova glorieta da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a Alameda de Noia, cun investimento de máis de 1,15 M€","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/20240613_martinez_02.jpg","id":"262330"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262330-xunta-remata-as-obras-da-nova-glorieta-da-barquina-e-da-mellora-da-travesia-na-ac-550-ata-alameda-noia-cun-investimento-mais-1-15-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.