A Xunta emite en prazo os informes sectoriais precisos para conceder a licenza que permita comezar co desmantelamento da térmica pontesa

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lorenzana explicou que a concesión da licenza municipal para poder acometer os traballos de desmantelamento tan só está pendente do cumprimento por parte de Endesa do requirimento efectuado polo Concello de As Pontes
  • A titular de Economía avanzou o compromiso da empresa de, unha vez obtida a licenza, axilizar todos os trámites previos á contratación dos traballadores e simultanear as entrevistas de traballo con tarefas previas como o Plan de residuos ou o Plan de seguridade e saúde laboral

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023

A conselleira de Economía e  Industria, María Jesús Lorenzana, presidiu esta tarde unha reunión de traballo no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes. Un encontro ao que asistiron representantes de Endesa;  os sindicatos CCOO, UGT e CIG; o Concello de As Pontes e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

O obxectivo da xuntanza era coñecer de primeira man o estado no que se encontra nestes momentos o plan de traballo das tarefas de predesmantelamento e desmantelamento da térmica pontesa.  Unha transición que, segundo explicou Lorenzana tras o encontro, se producirá entre os días 15 e 20 deste mes de xuño.

Nesta liña, a conselleira subliñou que a Xunta emitiu en prazo a totalidade dos informes sectoriais necesarios para a emisión da licenza que permita comezar co desmantelamento e louvou o traballo conxunto entre administracións para sacar adiante toda a parte de tramitación administrativa en tempo. Segundo apuntou, agora tan só resta que Endesa atenda o requirimento efectuado polo Concello das Pontes para obter o permiso para poder continuar coas tarefas. "Se se cumpre ese requirimento, estaría en prazo para comezar nesas datas eses novos traballos que darían continuidade ao emprego", insistiu.

"O que pretendemos é garantir a totalidade dos empregos dos traballadores da industria auxiliar da térmica pontesa - subliñou a conselleira de Economía e Industria -  e obtivemos  o compromiso de Endesa de realizar a formación de prevención de riscos laborais durante este mes para que todos os traballadores que interviñeron durante a fase de predesmantelamento estean en condicións de poder pasar a esa fase de desmantelamento e sobre todo que se inicien canto antes estes novos traballos", engadiu.

Nesta liña, María Jesús Lorenzana apuntou que a empresa anunciou a súa intención de, unha vez obtida a licenza para a realización da segunda fase, a de desmantelamento, axilizar todos os trámites previos á contratación do persoal traballador. Nomeadamente, o Plan de residuos e o Plan de seguridade e saúde laboral co obxectivo, subliñou a titular de Economía e Industria, de que "os contratos se poidan encadear da maneira máis áxil".

Finalmente, Lorenzana manifestou que o  Goberno galego "continuará traballando en todos os proxectos industriais que se teñen que ir instalando nesta zona de As Pontes" e que deberían de ir acompasados coas tarefas de desmantelamento da térmica pontesa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
257083 {"title":"A Xunta emite en prazo os informes sectoriais precisos para conceder a licenza que permita comezar co desmantelamento da térmica pontesa","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611+LorenzanaMesaAsPontes_1.JPG","id":"257083"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/257083-xunta-emite-prazo-os-informes-sectoriais-precisos-conceder-licenza-permita-comezar-co-desmantelamento-da-termica-pontesa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.