Comezan as xornadas formativas gratuítas sobre o 'Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral para o Deporte destaca a importancia de "erradicar calquera tipo de violencia" na primeira xornada na que participaron unhas 80 persoas co obxectivo de formarse como delegados das súas entidades para a protección dos nenos, nenas e adolescentes

Santiago, 10 de xuño de 2023

O secretario xeral para o deporte, Jose Ramón Lete Lasa, inaugurou esta mesma tarde na Escola Galega de Administración Pública a primeira xornada formativa, sobre a aplicación en nas entidades deportivas galegas do Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte.

Esta primeira xornada contou con ao redor de 80 persoas de clubs e federacións deportivas, así como agrupacións deportivas escolares galegas, co obxectivo de formarse como a persoa delegada das súas entidades para a protección dos nenos, nenas e adolescentes. En total serán preto de medio milleiro de persoas que participarán nas xornadas formativas gratuítas que se desenvolverán ao longo das sete grandes cidades galegas: Vigo 12 de xuño; A Coruña 13 de xuño; Lugo 19 de xuño; Ourense 26 de xuño; Pontevedra 9 de xullo; e Ferrol 10 de xullo. Actualmente segue aberto o prazo de inscrición.

O mandatario galego, informou que no ano 2022 reportáronse un total de "150 casos de violencia que abarcan desde o abuso físico ata o abuso sexual, violencia psicolóxica, bullying ou presión excesiva". Lete Lasa lembrou que o deporte é, ademais dunha actividade física, "un instrumento social, un lugar de encontro, un mecanismo de evasión, unha fonte de saúde, unha terapia psicolóxica e, para moitos, un medio de vida". Deste xeito sinalou a necesidade de "erradicar calquera tipo de violencia, máxime nestas idades temperás" e puxo o acento en "prever as violencias e establecer canles de intervención e protección, convertendo as entidades deportivas como espazos seguros e libres de violencia, promovendo unha contorna de respecto e bo trato".

Deste xeito nace o 'Protocolo e protección de nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte' como unha medida pioneira en Galicia, de obrigado cumprimento para todos os centros que realicen actividades deportiva e extensible por tanto a todas as federacións e clubs. O protocolo foi aprobado este mes de xuño pola Xunta a través do Observatorio Galego de Familia e Infancia, este enmárcase na Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia. Para o desenvolvemento do protocolo, contouse coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254966 {"title":"Comezan as xornadas formativas gratuítas sobre o 'Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte'","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278513\/lete+1.jpeg","id":"254966"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254966-comezan-as-xornadas-formativas-gratuitas-protocolo-proteccion-nenos-nenas-e-adolescentes-fronte-violencia-deporte https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.