O Ciclo de Cultura Científica da Xunta conclúe mañá coa conferencia do pediatra Luis Sánchez sobre o impacto da tecnoloxía na saúde infanto-xuvenil

Imagen del artículo O Ciclo de Cultura Científica da Xunta conclúe mañá coa conferencia do pediatra Luis Sánchez sobre o impacto da tecnoloxía na saúde infanto-xuvenil

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O experto ofrecerá na Cidade da Cultura unha visión científica sobre o uso das novas tecnoloxías en idades temperás

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

A segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta, co lema Tecnoloxía con sentidiño, rematará mañá coa conferencia do pediatra en Atención Primaria Luis Sánchez sobre o impacto da tecnoloxía na saúde infanto-xuvenil. Como todas as charlas, poderá seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18,00 a 19,30 h., e tamén será retransmitida en streaming na canle de YouTube da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Baixo o título Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía, a cita achegarase dun xeito científico ao uso das novas tecnoloxías en idades temperás. Poranse sobre a mesa preguntas arredor da influencia que teñen estes recursos no crecemento e desenvolvemento de cativada e mocidade, así como o seu uso no entorno formativo, o que pode ofrecer múltiples oportunidades e ser ao mesmo tempo fonte de inquedanzas. O obxectivo é axudar a docentes, estudantes e familias a coñecer esta realidade e as implicacións que as novas tecnoloxías teñen nos máis mozos.

Luis Sánchez é pediatra de Atención Primaria formado na Universidade de Santiago e especializado en Pediatría no antigo Hospital Xeral de Galicia. Formou parte de diferentes sociedades científicas con responsabilidades directivas, desde a Sociedade Europea de Pediatría como presidente ata a Asociación Española de Pediatría da que é actualmente membro do Comité Executivo. Ademais, é un dos representantes dos pediatras españois na Academia Europea de Pediatría e director da Fundación Hipocrática do Colexio de Médicos da Coruña.

Sete expertos en 'Tecnoloxía con sentidiño'

O sanitario é o encargado de concluír o II Ciclo de Cultura Científica, tras as conferencias de Héctor Ruíz Martin, Espido Freire, José César Perales, Juanjo Montiel, Javier Sainz de los Terreros e Francisco Bellas. Todos eles trataron, coas súas charlas, de ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria, documentada e baseada en investigacións.

O ciclo, que comezou en marzo, está dirixido ao público en xeral, a comunidade educativa e aos docentes. O profesorado asistente á totalidade recibirá un certificado de 12 horas de formación do profesorado. Coas charlas configurarase un libro, cun artigo específico para cada unha delas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254482 {"title":"O Ciclo de Cultura Científica da Xunta conclúe mañá coa conferencia do pediatra Luis Sánchez sobre o impacto da tecnoloxía na saúde infanto-xuvenil","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/foto.jpeg","id":"254482"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254482-ciclo-cultura-cientifica-da-xunta-conclue-mana-coa-conferencia-do-pediatra-luis-sanchez-impacto-da-tecnoloxia-na-saude-infanto-xuvenil https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.