A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto cos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra na coordinación do operativo que abarcou os municipios de Valga, Pontecesures, A Estrada e Padrón
  • O exercicio permitiu avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes

Valga (Pontevedra), 10 de xuño de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participaron esta mañá xunto cos delegados territorial da Xunta na Coruña e Pontevedra, Belén do Campo e Agustín Reguera, no simulacro de Activación do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia (Peifoga) e o seu paso a situación 2 por un incendio orixinado entre os concellos pontevedreses de Valga, Pontecesures e A Estrada e o coruñés de Padrón.

Con este exercicio trátase de simular unha emerxencia provocada por un incendio forestal para avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes. Deste xeito, ademais de comprobar a operatividade do Peifoga serve para probar a súa coordinación co Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).

O simulacro permite ademais adestrar os sistemas de comunicación, como informar á poboación, os procedementos de activación dos plans de actuación municipal e, sobre todo, testar as tarefas asignadas aos distintos grupos operativos e grupos de control.

A actividade realizada hoxe requiriu a constitución de centros de mando e control -o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), Sala de Control Operativo (SACOP), Centros de Coordinación de Medio Rural e Posto de Mando Avanzado (PMA)- e a activación do Punto de Recepción de Medios (PRM) ata o que se desprazaron os diferentes servizos de loita contra o lume da Consellería do Medio Rural e o Grupo de Apoio Loxístico á Intervención (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Participaron seis técnicos, cinco axentes, cinco brigadas e cinco motobombas, así como bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña e efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Padrón e A Estrada.

No que se refire ao apoio loxístico e de seguridade colaboraron efectivos de forzas e corpos de seguridade -Policía Autonómica, Garda Civil, Policía Local de A Estrada, Valga, Pontecesures e Padrón-, as agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Estrada, Valga e Padrón e o GALI da Axega. Como apoio sanitario mobilizouse a través do 061 unha ambulancia asistencial e un vehículo da Cruz Vermella.

Ademais da extinción, neste simulacro, os participantes adestraron actividades como a protección de vivendas ou a adopción de medidas de protección á poboación como a evacuación.

Detalles do simulacro

O simulacro comezou ás 09,00 horas e baseouse nun incendio iniciado en catro focos, un deles no lugar das Laceiras, en Valga, e os outros tres nunha pista forestal. Os traballos de extinción centráronse no primeiro foco pola proximidade ás vivendas e progresando cara o norte ao afectar a varios lugares das provincias da Coruña e Pontevedra.

Coa declaración de situación operativa 2 por risco para as persoas constitúense o CECOP e PMA e actívase o PRM para mobilizar os medios necesarios. Unha vez controlado o incendio desactivouse a situación 2 e finalizou o exercicio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254431 {"title":"A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/20240610DXEEISimulacroValga2.jpeg","id":"254431"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254431-xunta-participa-na-simulacion-dun-incendio-nivel-2-varios-concellos-das-provincias-da-coruna-e-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.