A Xunta difunde as capacidades de investigación e innovación de Galicia ante unha delegación internacional do sector biotecnolóxico

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora da Axencia Galega de Innovación saúda aos representantes de seis países  que visitan o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Carmen Cotelo, animou hoxe aos representantes do sector biotecnolóxico dos seis países que participan no Galicia Biobusiness tour a aproveitar a ocasión para crear vínculos que fructifiquen en proxectos de investigación, divulgación e atracción de talento conxuntos. Esta delegación científica chega de Italia, Bélxica, Portugal, Canadá, Xapón e Reino Unido.

Así o remarcou a representante da Xunta de Galicia durante unha visita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Puxo de relevo as capacidades de investigación e innovación do ecosistema galego de I+D+i, servindo de exemplo a Fundación Pública de Medicina Xenómica e a Plataforma Innopharma da Universidade de Santiago, que tiveron a oportunidade de visitar esta mañá. A directora do Gain destacou tamén a relevancia no eido científico de figuras como Mabel Loza e Ángel Carracedo, anfitrións da visita.

Apoio do Goberno galego

Precisamente, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, a través de Gain, apoiou con 5 millóns de euros, procedentes de fondos europeos REACT-UE dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, a adquisición e actualización do equipamento científico-tecnolóxico e a contratación de persoal da Plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, liderada polos investigadores da Universidade de Santiago de Compostela Mabel Loza e Ángel Carracedo.

Esta plataforma está recoñecida como unha das oito Plataformas de Altas Capacidades do Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación Europea (ERIC EU-Openscreen) e dispón dunha das quimiotecas máis importantes de España e Europa.

A Xunta de Galicia apoia tamén a actividade da Fundación Pública de Medicina Xenómica a través dun contrato-programa que achega financiamento para os gastos estruturais da fundación de investigación biomédica.

Colaboración con Bioga

A visita desta delegación enmárcase na celebración de Galicia Biodays 2024, un evento que se celebra os vindeiros mércores 12 e xoves 14 de xuño en Vigo e que está organizado polo clúster Bioga, co que colabora a Xunta de Galicia.

Esta apoio inscríbese na aposta do Goberno galego pola biotecnoloxía como un sector estratéxico para Galicia e que se concreta na Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025, que se está a executar.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254430 {"title":"A Xunta difunde as capacidades de investigación e innovación de Galicia ante unha delegación internacional do sector biotecnolóxico","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278513\/240610_DrctoraAxnciaInnovcin_VsitaCIMUS_MAC-0.jpg","id":"254430"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254430-xunta-difunde-as-capacidades-investigacion-e-innovacion-galicia-unha-delegacion-internacional-do-sector-biotecnoloxico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.