A Xunta amplía en 350.000 euros a orde de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados de emisións cero ou ECO

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación, que se suma aos 500.000 euros da orde do pasado novembro cuxo crédito xa se esgotou
  • O prazo de presentación de solicitudes segue aberto ata o 14 de outubro
  • Os incentivos son de 10.000 euros para coches adaptados á mobilidade reducida, de 4.000 euros para vehículos de cero emisións e de 1.000 euros para taxis ECO

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación de crédito da convocatoria das axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, e de emisións cero ou categoría ECO cunha dotación de 350.000 euros, ao esgotarse o crédito de 500.000 euros da orde publicada o pasado novembro.

Esta orde de incentivos para o ano 2024 vai dirixida aos titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade. Consta de tres liñas, que son compatibles entre si, e ascenden a 10.000 euros para o caso da compra de coches adaptados e accesibles a persoas con mobilidade reducida; a 4.000 euros para vehículos de cero emisións; e a 1.000 euros para a compra de taxis ECO.

O prazo de presentación de solicitudes segue aberto ata o 14 de outubro. Ademais, no caso das axudas para taxi de emisións cero ou ECO poden ser obxecto de subvencións os vehículos novos que se adquiran antes do 31 de outubro de 2024. O mesmo ocorre cos taxis adaptados á mobilidade reducida, se ben tamén poden acceder os que xa foran adquiridos en calquera momento se manteñen o compromiso de actividade durante cinco anos. As persoas beneficiarias da subvención asumen a obriga de ter adscrito o vehículo á autorización de transporte da serie VT-N antes do 1 de xullo de 2025.

O obxectivo é reforzar a aposta do sector do taxi pola inclusión social, financiando a adquisición de vehículos adaptados ás diferentes necesidades de mobilidade e sumar aos profesionais do taxi á loita contra o cambio climático, dotándoos de vehículos menos contaminantes.

A Xunta concedeu a través da convocatoria do ano pasado, dotada con 900.000 euros a compra de 27 vehículos adaptados, de 146 taxis de baixas emisións e de 8 vehículos de emisións cero. Con estas axudas, o Goberno galego apoia os profesionais do taxi, un sector que en Galicia dá emprego a preto de 3.500 familias e que presta un servizo esencial, favorecendo e garantindo a mobilidade da xente. Actualmente existen 265 taxis adaptados en Galicia: 85 na provincia da Coruña, 80 en Lugo, 31 en Ourense e 69 en Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254078 {"title":"A Xunta amplía en 350.000 euros a orde de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados de emisións cero ou ECO","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"254078"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254078-xunta-amplia-350-000-euros-orde-axudas-incentivar-adquisicion-taxis-adaptados-emisions-cero-ou-eco https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.