A conselleira do Medio Rural salienta o altísimo nivel da cabana gandeira galega no marco de Feiradeza

  • María José Gómez puxo de relevo o "mimo e coidado" con que tratan os gandeiros galegos as súas reses, que os converte en referentes e exemplo en Europa no que atinxe ao benestar animal
  • Valorou a consolidación de Feiradeza como certame de referencia e o programa de actos no que se combina o carácter profesional, con concursos e poxas, e a orientación lúdica, con actividades máis festivas e atractivas para o público en xeral

Lalín (Pontevedra), 8 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe o "altísimo nivel" da cabana gandeira galega no ámbito nacional e internacional, e animou a valorar e recoñecer ese status na propia Galicia, "tanto como xa se vén facendo fóra das nosas fronteiras". Gómez fixo estas declaracións no marco da 39º edición de Feiradeza, Open Internacional de Raza Frisona, que se celebra ao longo desta fin de semana en Lalín.

Nesta mesma liña, a conselleira puxo de relevo o "mimo e coidado" con que tratan os gandeiros galegos as súas reses, que os converte en referentes e exemplo en Europa no que atinxe ao benestar animal. Isto, incidiu, sumado ás melloras tecnolóxicas e xenéticas, así como as especiais condicións do clima e do solo de Galicia, fan que a cabana galega destaque tanto nos concursos nacionais como internacionais. En relación con estes últimos, lembrou os premios acadados recentemente por unha gandaría da nosa comunidade no prestixioso concurso de Cremona, en Italia.

Neste contexto, a titular de Medio Rural valorou tamén a consolidación de Feiradeza como certame de referencia e o programa de actos, no que se combina o carácter profesional, con concursos e poxas, e a orientación lúdica, con actividades máis festivas e atractivas para o público en xeral. Ademais, a conselleira amosou a súa satisfacción polo papel protagonista que ten a mocidade neste certame lalinense, proba -dixo- de que no sector "hai futuro".

A maiores, María José Gómez agradeceu ao alcalde de Lalín, José Crespo, e ao concelleiro de mocidade, Avelino Souto, a invitación para visitar Feiradeza e trasladoulles os seus parabéns por ter acadado xa 39 edicións deste evento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
251248 {"title":"A conselleira do Medio Rural salienta o altísimo nivel da cabana gandeira galega no marco de Feiradeza","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"251248"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/251248-conselleira-do-medio-rural-salienta-altisimo-nivel-da-cabana-gandeira-galega-marco-feiradeza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.