Lete Lasa destaca ao porteiro rosaleiro Javi Díaz como "parte indivisible da historia do balonmán galego"

  • Sinálao como un exemplo para todos os galegos e galegas, xa que para competir ao máximo nivel ata os 49 anos é preciso "manter un estilo de vida activo e saudable con moitos esforzos e sacrificios"

Redondela (Pontevedra), 8 de xuño de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe á homenaxe ao porteiro rosaleiro de balonmán Javier Díaz, con motivo da súa retirada tras 32 anos de carreira.

O mandatario galego destacou a Javi como "parte indivisible da historia do balonmán galego" e lembrou que, cunha traxectoria tan dilatada, "formou parte de moitos dos fitos deste deporte en Galicia". Neste sentido recordou que, na temporada 96-97, cando Galicia contou con catro equipos na máxima división nacional, a Liga Asobal, -Teucro, Cangas, Octavio e Chapela-, Javi xa era un xogador consolidado nun deles, precisamente, en Chapela.

Lete Lasa enxalzou a figura de Javi Díaz que ademais é, con 650 partidos, o segundo xogador con máis partidos da Asobal, tan só por detrás de José Javier Hombrados. Respecto a súa lonxevidade na pista, o secretario xeral sinalou a Javi Díaz como un exemplo para todos os galegos e galegas, xa que para competir ao máximo nivel ata os 49 anos é preciso "manter un estilo de vida activo e saudable con moitos esforzos e sacrificios".

O responsable da carteira de Deportes, asegurou que Javi vaise sendo un auténtico exemplo e co cariño de todos os equipos galegos nos que xogou: "Vigo, Chapela, Pontevedra, Coruña, Cangas, e como non, O Rosal, a súa terra".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250665 {"title":"Lete Lasa destaca ao porteiro rosaleiro Javi Díaz como \"parte indivisible da historia do balonmán galego\"","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"250665"} galicia Secretaría Xeral para o Deporte ; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250665-lete-lasa-destaca-ao-porteiro-rosaleiro-javi-diaz-como-parte-indivisible-da-historia-do-balonman-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.