A Xunta incrementa un 23 % as axudas para que establecementos turísticos avancen en calidade e sostibilidade

Imagen del artículo A Xunta incrementa un 23 % as axudas para que establecementos turísticos avancen en calidade e sostibilidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria para a obtención ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e a marca S de Sostibilidade Turística por 210.000€

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria de axudas para apoiar a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación da Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sostibilidade (ICTES). As axudas contan cun orzamento global de 210.000 euros, un 23% máis que na edición anterior.

 

A orde establece dúas categorías de xeito que á primeira delas poderán concorrer os concellos e as súas entidades municipais xestoras dos seus servizos, mentres que a segunda categoría está dirixida ás persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

 

Sufráganse os custos de auditoría externa de certificación, seguimento ou renovación dos distintivos, así como aqueles derivados dos dereitos de uso das marcas Q e S no ano 2024, unha vez acadada a certificación, seguimento ou renovación do local, facturados polo ICTES.

 

Ata o 8 de xullo

As solicitudes poderán presentarse ata o 8 de xullo. A intención é reforzar a competitividade de Galicia como destino e enmárcanse no plan de acción dotado con máis de medio millón de euros que a Xunta ten en marcha este ano e que se dirixirá tanto ao sector privado como público. A intención é consolidar a posición de liderazgo da Comunidade galega en materia de certificación de calidade e sostibilidade turística, e, de xeito especial, intensificalo nas contornas do Camiño de Santiago. O obxectivo global será acadar este ano 140 novas marcas Q de Calidade e S de Sostibilidade turística tanto en empresas como en servizos públicos.

 

Con este novo Plan de Acción, o Goberno autonómico avanza no seu traballo pola busca da excelencia do destino con cada vez máis establecementos e servizos turísticos certificados. A día de hoxe, Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con maior número de Q de Calidade Turística, só por detrás de Andalucía. Pechou o ano 2023 con 315 entidades adheridas (255 de xestión privada e 58 de xestión pública). No que se refire á S de Sostibilidade Turística, Galicia ten certificados actualmente 39 entidades e ocupa o cuarto posto en número de entidades con esta distinción.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250369 {"title":"A Xunta incrementa un 23 % as axudas para que establecementos turísticos avancen en calidade e sostibilidade","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150716\/170217+hotel+11c.jpg","id":"250369"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250369-xunta-incrementa-23-as-axudas-establecementos-turisticos-avancen-calidade-e-sostibilidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.