A Lama continuará co embelecemento da avenida Barreiro Cabanelas grazas a unha axuda da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As obras serán posibles grazas á subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para a mellora das infraestruturas turísticas, que deixou na Lama 30.000 euros
  • Estas axudas deixarán un total de 270.000 euros en nove concellos da provincia de Pontevedra

A Lama (Pontevedra), 7 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acudiu esta mañá a avenida Barreiro Cabanelas, no concello da Lama. Alí visitou o resultado das obras de embelecemento da zona levadas polo concello e aproveitou para informar da continuación das obras de continuación do tramo xa reformado, que serán posibles grazas ás subvencións de Turismo de Galicia a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

Grazas a esta axuda de 30.000 euros dáse continuidade a unha obra realizada no ano 2022 ao abeiro destas mesmas subvencións e que permitiu substituír o pavimento de asfalto por pedra para conseguir unha maior harmonía e coherencia coa estética do lugar.

Estas axudas contan cun orzamento de preto de dous millóns de euros en toda Galicia, que beneficiarán a un total de 66 concellos, nove deles na provincia de Pontevedra cun investimento total de preto de 270.000 euros.

Acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, e por algúns veciños da zona, o delegado territorial asegurou sentirse "moi sorprendido pola historia e patrimonio" do lugar, que conta con varios bens declarados de Interese cultural (BIC). Ademais quixo lembrar a importancia de "axudar aos concellos a manter o patrimonio en boas condicións e seguir apoiando accións que dean a coñecer lugares tan  fantásticos e cheos de historia como Laxedo".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
249029 {"title":"A Lama continuará co embelecemento da avenida Barreiro Cabanelas grazas a unha axuda da Xunta","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150779\/1alama.jpeg","id":"249029"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/249029-lama-continuara-co-embelecemento-da-avenida-barreiro-cabanelas-grazas-unha-axuda-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.