O concello de Dozón rehabilitará o lavadoiro do mosteiro e o local social de Saa co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As obras serán posibles grazas á subvención de 40.000 euros concedida ao municipio ao abeiro das achegas a concellos para desenvolver accións de corrección de impactos paisaxísticos
  • O ano pasado estas mesmas axudas permitiron realizar actuacións coas que mellorar o estado do lavadoiro de Vidueiros e o local social de Sisto
  • O delegado territorial destacou a importancia de colaborar cos concellos para que poidan conservar e poñer en valor o seu patrimonio apostando polo fermosismo

Dozón (Pontevedra), 7 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Dozón, que recibiu preto de 40.000 euros como parte das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

O representante do Executivo autonómico, que estivo acompañado polo alcalde, Adolfo Campos, detallou que a subvención permitirá restaurar o lavadoiro do Mosteiro e mellorar o estado do local social de Saa, dúas actuacións coas que espera mellorar a paisaxe da contorna.

Neste sentido, o delegado territorial tivo a oportunidade de comprobar o resultado das obras realizadas ao abeiro da convocatoria destas axudas do pasado 2023 no lavadoiro de Vidueiros. Trátase dun espazo moi importante para a veciñanza de Dozón tanto polo seu valor histórico como pola súa localización en pleno Camiño de Santiago (na Vía da Prata). A maiores, a achega do ano pasado tamén permitiu realizar actuacións coas que mellorar o estado do local social de Sixto.

Neste sentido, en anteriores convocatorias o concello de Dozón beneficiouse de axudas por importe de 73.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para distintas actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. As accións subvencionables inclúen a renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais así como a mellora do aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de "apoiar aos concellos para que poidan conservar e poñer en valor o seu patrimonio apostando polo fermosismo". Nesta liña, Reguera destacou as actuacións que se levarán a cabo no concello de Dozón e asegurou que se trata "dunha decisión intelixente, pensando tanto nos veciños como nos turistas e peregrinos que, cada vez máis, pasan por este concello".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248957 {"title":"O concello de Dozón rehabilitará o lavadoiro do mosteiro e o local social de Saa co apoio da Xunta","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/1dozon.jpeg","id":"248957"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248957-concello-dozon-rehabilitara-lavadoiro-do-mosteiro-e-local-social-saa-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.