A Xunta asina o convenio para que o concello de Vigo lle poña a disposición os terreos para a construción do novo instituto de Navia, cun investimento de 14 M€

  • A Consellería de Educación adxudicou en xaneiro a redacción do proxecto do instituto, que está na súa recta final, para poder licitar despois a obra
  • Será o primeiro instituto que se axuste aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, vén de asinar o convenio para que o Concello de Vigo ceda os terreos para a construción do novo instituto de Navia, que recibirá o nome do escritor Domingo Villar, no que a Xunta de Galicia vai investir 14M€. O documento foi remitido xa ao Goberno municipal.

No convenio, o Concello de Vigo comprométese a aceptar a cesión de uso da parcela correspondente á segunda modificación puntual do Plan Parcial de San Paio de Navia e poñela a disposición do departamento educativo da Xunta para a construción do centro.

De feito, a Xunta adxudicou a redacción do proxecto en xaneiro á UTE formada polas empresas Iglesias y Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectes, por un importe de 328.000€. Os traballos sobre este documento están na súa recta final para a súa posterior entrega ao Goberno galego para poder licitar a obra.

Cómpre lembrar que os Orzamentos de 2024 xa contemplan este actuación, dividida en tres anualidades, cunha cantidade de 103.769,45€ no ano 2024, 6.761.639€ no 2025 e 6.761.639€ no 2026. Con todo, o orzamento de licitación definitivo deberá axustarse á contía económica definida que determine o proxecto.

A maiores, o Concello de Vigo comprométese a axilizar todos os trámites municipais de posta a disposición dos terreos necesarios, concesión de licenzas de obras, primeira ocupación e actividade, unha vez comprobada a adecuación do proxecto á normativa técnica e urbanística de aplicación, e o axuste das obras a licenza outorgada.

Constitúese, así mesmo, unha Comisión Mixta de seguimento do convenio, integrada por tres membros de cada unha das partes, que se fará cargo de resolver as cuestións técnicas que xurdan arredor do acordo.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

O novo instituto, que atenderá as necesidades educativas derivadas da dinámica poboacional nunha área de expansión como é o barrio de Navia, deseñarase seguindo as especificidades académicas, tecnolóxicas e de sostibilidade recollidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta para todas as actuacións que se acometen en centros educativos. Será o primeiro instituto construído en base a estes parámetros.

O novo instituto terá capacidade para arredor duns 700 alumnos de ESO e Bacharelato e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m². En consonancia co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, propóñense espazos docentes acolledores e interactivos, que fomenten novos modelos de aprendizaxe, dinámicos e adaptables. Ademais, o edificio construirase pensando en reducir nun 30% o consumo enerxético respecto de edificios similares

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248948 {"title":"A Xunta asina o convenio para que o concello de Vigo lle poña a disposición os terreos para a construción do novo instituto de Navia, cun investimento de 14 M€","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"248948"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248948-xunta-asina-convenio-concello-vigo-lle-pona-disposicion-os-terreos-construcion-do-novo-instituto-navia-cun-investimento-14-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.