Manuel Pardo pon en valor a entrega, a eficacia e o esforzo diario das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá á exhibición de recursos policiais dirixida á comunidade educativa de Ourense
  • Reafirmou o compromiso da Xunta co labor policial como garante da seguridade cidadá e da protección do patrimonio e incidiu na necesidade de que o Goberno central complete o cadro de persoal da Policía Autonómica

Ourense, 07 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá á exhibición de recursos policiais dirixida á comunidade educativa desta cidade que pon o remate ás charlas e conferencias que se desenvolveron nos centros educativos de Ourense ao abeiro do Pan Director, e que se encadra dentro dos actos de conmemoración do 200º aniversario da creación da Policía Nacional.

Manuel Pardo puxo en valor a entrega, a eficacia e o esforzo diario das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia para contribuír a unha comunidade máis segura, en coordinación e colaboración coas restantes forzas e corpos de seguridade existentes na comunidade, e destacou a súa dedicación por facer de Ourense e Galicia "un dos mellores lugares para vivir, traballar e tamén visitar".

O delegado territorial lembrou tamén a vocación de servizo público, ao compromiso, á valentía, ao sacrificio e ao compañeirismo como valores propios que caracterizan os corpos e forzas de seguridade e reafirmou o compromiso da Xunta co labor policial como garante da seguridade cidadá e da protección do patrimonio.

Manuel Pardo incidiu na necesidade de que o Goberno central complete o cadro de persoal da Policía Autonómica, actualmente ao 70%, como lle vén reclamando Galicia nos últimos anos

Na xornada participaron máis de 2.500 escolares que seguiron de cerca as demostracións e actividades dos distintos grupos policiais como defensa persoal policial, a Unidade de Guías Caninos, a Unidade de Subsolo e Protección Ambiental, a Unidade de Intervención Policial, os TEDAX, Medios Aéreos, os Grupos Operativos Especiais de Seguridade ou a Policía Científica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248367 {"title":"Manuel Pardo pon en valor a entrega, a eficacia e o esforzo diario das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/070624+Actos+Seguridad+Polic%C3%ADa+1.JPG","id":"248367"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248367-manuel-pardo-pon-valor-entrega-eficacia-e-esforzo-diario-das-forzas-e-corpos-seguridade-traballan-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.