A Xunta aborda na comisión de recursos naturais os avances na previsión e loita contra incendios forestais

Imagen del artículo A Xunta aborda na comisión de recursos naturais os avances na previsión e loita contra incendios forestais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu en Lousã, no distrito de Coimbra, ao encontro 'Paisaxes naturais e desenvolvemento sostible' 

Lousã (Portugal), 7 de xuño de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha reunión fora da sede habitual en Bruxelas da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións. O encontro foi organizado pola Cámara Municipal de Lousã, no distrito portugués de Coimbra, e tivo como principal obxectivo explicar aos membros do Comité os avances na previsión e loita contras lumes forestais nesta área. O director xeral, aproveitou para explicar as actuación recentes de Galicia neste campo.

Esta mañá coñecéronse os proxectos europeos desenvolvidos no Aeródromo Municipal de Lousã: o Laboratorio de Estudos en Incendios Forestais (LEIF), a Escola Nacional de Bombeiros (ENB) e o Centro de Recursos Aéreos (CMA), da man do anfitrión e organizador da visita, o presidente da Cámara Municipal de Lousã, Luis Antunes. O aeródromo está situado nunha área montañosa que fai especialmente complexa as actividades da loita contra lumes por mor da orografía do terreo, e é pioneira a nivel europeo nesta clase de traballos.

Posteriormente os membros do Comité dirixíronse á Vila do Esquisto en Cerdeira, onde visitaron o Proxecto da Vila do Esquisto, a Casa da Creatividade de Cerdeira, Safe Village, Safe People e a Planta de Esquisto. Todos estes proxectos están orientados a poñer e valor e ao reciclaxe das industrias adicadas á extración deste mineral. 

Comité Europeo das Rexións

Neste sétimo mandato do CdR, que deu comezo a principios de 2020, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores. NAT prepara os ditames dos municipios e rexións europeas en áreas como pesca, o turismo ou a saúde pública.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248362 {"title":"A Xunta aborda na comisión de recursos naturais os avances na previsión e loita contra incendios forestais","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150734\/20240607DXREEComisionNAT+%283%29.jpeg","id":"248362"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248362-xunta-aborda-na-comision-recursos-naturais-os-avances-na-prevision-e-loita-incendios-forestais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.