A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Nigrán e Gondomar

  • Actuarase nas estradas PO-340, PO-331 e PO-332
  • As intervencións consistirán na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, ademais do repintado das marcas viarias
  • Como actuacións complementarias inclúense a reposición de pasos sobreelevados e o pavimentado da zona de aparcamento

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou hoxe por importe de 1.182.948 euros as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas PO-340, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar.

As intervencións incluídas neste contrato levaranse a cabo pola empresa Narom, S.L. no treito da PO-340, a estrada Tui e A Ramallosa, entre os puntos quilométricos 17+000 e 21+500; na PO-331, que une Torneiros e Gondomar, desde o quilómetro 14+460 ao 19+060; e no treito inicial da estrada PO-332, Nigrán-Vincios, do quilómetro 0 ao 8+560.

As actuacións, que contan cun prazo de execución de 9 meses. teñen como obxecto a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios treitos destas 3 estradas.

Como traballos complementarios inclúense a reposición de pasos sobreelevados e o pavimentado da zona de aparcamento, mediante a retirada do material granular existente ata una profundidade de 30 cm, para a continuación repoñer cunha sección de firme.

As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e os treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

As intervencións obxecto deste contrato non implican a realización de expropiación algunha, xa que todas están incluídas dentro da franxa de dominio público.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248356 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Nigrán e Gondomar","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"248356"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248356-xunta-adxudica-mais-1-1-m-as-obras-mellora-do-firme-tres-estradas-autonomicas-ao-seu-paso-polos-concellos-nigran-e-gondomar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.