A Consellería de Sanidade celebra o primeiro comité técnico do mosquito tigre deste ano co fin de coordinar as actividades entre os diferentes organismos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Na xuntanza expuxéronse as actuacións que se van levar a cabo, nas que destacan o deseño de medidas para reforzar a vixilancia en colaboración cos concellos a partir deste mes, e a realización de campañas de información e concienciación cidadá

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

A Consellería de Sanidade acolleu hoxe o primeiro comité técnico do mosquito tigre deste ano co obxectivo de coordinar as actividades a realizar entre os diferentes organismos implicados.

Nesta xuntanza participaron profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública do ámbito da epidemioloxía e saúde ambiental; investigadores expertos en entomoloxía da USC e Uvigo; profesionais da área de Gandaría da Consellería do Medio Rural; representantes de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático; de Emerxencias 112-Galicia; da Área sanitaria de Vigo; da Dirección Territorial de Sanidade de Pontevedra; da Deputación de Pontevedra; de Sanidade Exterior; e dos concellos nos que se detectou a presenza de mosquito tigre no ano 2023 (Moaña, Vigo, Cangas, Redondela e Vilaboa).

Neste comité, tanto a Dirección Xeral de Saúde Pública como membros da ReGaViVec, informaron do estado actual da situación do mosquito Aedes albopictus (mosquito tigre) en Galicia.

Así mesmo, expuxéronse as actuacións que se van levar a cabo neste ano segundo o seu ámbito competencial, nas que destacan o deseño de actuacións encamiñadas a reforzar a vixilancia.en colaboración cos concellos a partir deste mes; a realización de campañas de información e concienciación cidadá para incidir nas medidas preventivas e de protección individual; a realización de campañas de formación; ou seguir fomentando a utilización da aplicación Mosquito Alert de ciencia cidadá.

Tamén se seguirá a traballar na implantación dos programas de xestión integrada do vector Aedes albopictus a nivel municipal, tal e como se prevé no Plan Nacional de Prevención, Vixilancia e Control das Enfermidades Transmitidas por Vectores, publicado polo Ministerio de Sanidade en abril do 2023.

Desde o comité incidiuse na importancia da concienciación cidadá para a eliminación de focos de cría en recintos particulares e na participación cidadá a través da plataforma Mosquito Alert, coa que colabora a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), integrada polas Consellerías de Sanidade e Medio Rural, ademais das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

O comité adoptou a decisión de reunirse periodicamente, cunha frecuencia mensual, aínda que poderá convocarse de forma extraordinaria se fose necesario.

O comité técnico do mosquito tigre constituíse a principios de agosto do pasado ano, despois da primeira notificación do vector no concello de Moaña. O comité creouse, por unha banda, como foro de intercambio de información e coñecemento entre os diferentes organismos implicados e, por outro, para coordinar as diferentes actuacións realizadas co fin de controlar a poboación do mosquito tigre na zona do Morrazo e de Vigo e Redondela.

Máis información: https://www.sergas.es/Saude-publica/Mosquito-tigre?idioma=ga

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246763 {"title":"A Consellería de Sanidade celebra o primeiro comité técnico do mosquito tigre deste ano co fin de coordinar as actividades entre os diferentes organismos","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150731\/20240606+Comite+mosquito+tigre1.jpg","id":"246763"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246763-conselleria-sanidade-celebra-primeiro-comite-tecnico-do-mosquito-tigre-deste-ano-co-fin-coordinar-as-actividades-os-diferentes-organismos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.