O programa EBici da Xunta, que continuará aberto ata novembro, xa recibiu 923 solicitudes e axudas por máis de 450.000 euros en Vigo

Imagen del artículo O programa EBici da Xunta, que continuará aberto ata novembro, xa recibiu 923 solicitudes e axudas por máis de 450.000 euros en Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada da Xunta en Vigo destacou a iniciativa que permitiu conceder as achegas para impulsar a mobilidade sostible na cidade
  • Ana Ortiz visitou este xoves un dos establecementos asociados á campaña no que se venderon máis de 200 bicicletas eléctricas

Vigo, 6 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, fixo balance este xoves dos resultados do programa EBici para a compra de bicicletas con pedaleo asistido, que estará aberto ata o vindeiro mes de novembro, e destacou o éxito da iniciativa que converte á cidade olívica na localidade con maior número de achegas aprobadas. En total, en Vigo foron solicitadas 923 axudas desde que comezou a iniciativa en 2022, o que supón máis de 458.000 euros do total de 2,7 millóns de euros co que contou a iniciativa estes tres anos. 

"A campaña foi de novo un éxito en Vigo, cumprindo cos obxectivos de promover que os cidadáns realicen os seus desprazamentos cotiáns de curta distancia en bicicleta, especialmente nas contornas urbanas, e fomentando unha mobilidade máis saudable para quen se decante polo emprego deste medio de transporte alternativo", destacou a delegada durante a visita ao establecemento vigués "Bici O Con", onde máis de 200  clientes accederon as axudas da Xunta de Galicia.

A delegada territorial xa anunciou o pasado ano que, ante a gran resposta da cidadanía, continuaría en marcha ata o  15 de novembro de 2024 esta nova convocatoria da orde de axudas. Ata o momento, na área de Vigo foron concedidos un total de 712.516,48 euros con 1.433 solicitudes: Vigo (923), Cangas (108), Nigrán (77), Gondomar (58), Baiona (57), Redondela (50), O Porriño (47), Moaña (35), Mos (30), Salceda (21), Salvaterra (18), Soutomaior (8), Fornelos de Montes (1) e Pazos de Borbén (1). 

As subvencións do programa EBici están deseñadas para fomentar o uso de bicicletas eléctricas ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas, e facilitar a súa compra. Deste xeito, favorécese que os desprazamentos cotiás de curta distancia se realicen de forma sustentable, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro ao tempo que se rebaixa a contaminación acústica. Ademais, supón unha mellora na saúde das persoas ao promover a actividade ao ar libre e o exercicio físico.

Segundo estipulan as bases da concovatoria, as cantidades da subvención chegan ata o 50% do prezo da bicicleta (cun límite de 500 €). No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará ata o 60% (cun límite de 600) e o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246144 {"title":"O programa EBici da Xunta, que continuará aberto ata novembro, xa recibiu 923 solicitudes e axudas por máis de 450.000 euros en Vigo","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/_DSC8884.jpg","id":"246144"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246144-programa-ebici-da-xunta-continuara-aberto-ata-novembro-xa-recibiu-923-solicitudes-e-axudas-mais-450-000-euros-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.