O Centro Pedro Murias da Xunta en Ribadeo abre as súas portas para amosar os seus ciclos de FP dual de aproveitamento do medio natural e agroecoloxía

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A xornada para o público en xeral contou coa participación de Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, á que está adscrito este centro
  • Tamén se organizaron unha serie de actividades teórico-prácticas para achegar os visitantes ao mundo forestal e agroecolóxico, así como unha degustación de produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada

Ribadeo (Lugo), 6 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, participou esta mañá na xornada de portas abertas organizada polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias deste concello lucense, dependente da Consellería do Medio Rural. O obxectivo principal desta xornada foi o de amosar os visitantes a oferta formativa deste centro para o curso 2024-2025, na que figuran dous ciclos de grao medio en modalidade de FP dual. Trátase dos de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, por un lado, e de Produción Agroecolóxica, por outra.

No primeiro destes ciclos, os alumnos aprenden a realizar as operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, consonte á normativa ambiental e de prevención de riscos laborais. A saída profesional, neste caso, oriéntase cara o traballo forestal cualificado.

Pola súa banda, o ciclo de Produción Agroecolóxica, como o seu propio nome indica, céntrase na aprendizaxe das actividades axeitadas para a obtención de produtos agropecuarios ecolóxicos con técnicas agrícolas e gandeiras, para a mellora da biodiversidade e da estabilidade do medio e da fertilidade do solo. Todo isto, en condicións de calidade e aplicando a regulamentación de produción ecolóxica, de benestar animal, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Os alumnos que estuden este ciclo poderán desempeñar logo tarefas propias dun traballador cualificado por conta allea e por conta propia en cultivos e en gandaría ecolóxica, agricultor ecolóxico, criador de gando ecolóxico e outras semellantes. A xornada de portas abertas neste CFEA, situado na localidade lucense de Ribadeo, serviu tamén para poñer en valor e dar a coñecer aos mozos interesados as súas instalacións.

Actividades teórico-prácticas

En relación coa oferta educativa e as infraestruturas do Pedro Murias, neste día organizáronse ademais unha serie de actividades teórico-prácticas para achegar os visitantes ao mundo forestal e agroecolóxico. Así, por exemplo, presentouse o proxecto agroecolóxico "Eo Alimenta", da empresa pública Seaga e Milhulloa sociedade cooperativa galega. Tamén se desenvolveu un obradoiro de demostración de traballos forestais en altura e unha demostración do uso de vehículos aéreos non tripulados para traballos forestais e agrícolas.

Así mesmo, tivo lugar un taller de manexo de simulador de procesadora forestal. O programa da xornada completouse con cadansúa charla sobre alimentos ecolóxicos e arredor do recurso micolóxico na Reserva da biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón, a cargo de expertos da Universidade de Santiago de Compostela. Ao remate destes actos, ofreceuse unha degustación de produtos con denominacións de calidade de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246142 {"title":"O Centro Pedro Murias da Xunta en Ribadeo abre as súas portas para amosar os seus ciclos de FP dual de aproveitamento do medio natural e agroecoloxía","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150731\/240606_Alemparte_Pedro+Murias+1.jpeg","id":"246142"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246142-centro-pedro-murias-da-xunta-ribadeo-abre-as-suas-portas-amosar-os-seus-ciclos-fp-dual-aproveitamento-do-medio-natural-e-agroecoloxia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.