Lete enxalza o motociclismo galego como referente mundial na presentación da proba máis importante do Enduro, os Six days, que chegará a Galicia en outubro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca o liderado galego nas especialidades off-road con Gabriel Marcelli e Jorge Casales no trial, Jorge Prado e Rubén Fernández no motocross e Xacob Agra e Aarón Bernárdez no enduro que liderarán dous equipos galegos nos 'Six Days'

Pontevedra, 5 de xuño de 2023

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe na presentación dos 'International Six Days of Enduro - NOCO ISDE Spain 2024', a proba de motociclismo oficial máis antiga rexistrada pola Federación Internacional de Motociclismo, que terá lugar en Galicia do 14 ao 19 de outubro. Alí, o mandatario galego destacou a Galicia como referente mundial no motociclismo e, nomeadamente, no motociclismo off-road (fóra de estrada) que comprende as especialidades de trial, motocross e enduro. 

Neste sentido destacou a Gabriel Marcelli e Jorge Casales no trial, así como a proba inaugural do Mundial Trial GP de 2023 en Arteixo; a Jorge Prado e Rubén Fernández no motocross, así como o Gran Premio de Lugo que tivo lugar hai unhas semanas; e, como non, a pilotos da categoría de Xacob Agra e Aarón Fernández que xunto a Abel Carballés e Juan Carlos Moreiras, por unha banda, e Jorge Paradelo e Diego Touriñán, pola outra, conforman os dous equipos galegos presentados pola Federación Galega de Motociclismo que competirán entre os 600 pilotos de 30 nacionalidades diferentes. En total, a representación galega nos 'Six Days' será duns 30 pilotos, o 5% do total.

Todos eles, participarán nos 'Six Days' e levarán dende a sede principal da Semana Verde de Silleda o mellor motociclismo do mundo a outros recunchos galegos como Santiago de Compostela, Lalín, A Estrada e O Irixo, no que suporá ademais unha grande aposta polo turismo porque ademais dos 35.000 espectadores desprazados haberá que sumar os milleiros de persoas que o verán desde as súas casas grazas as retransmisións das televisións dunha decena de países.

Lete Lasa lembrou a forte aposta da Xunta polo motociclismo galego que permitiu que desde 2009 as licenzas se multiplicaran por tres e as femininas por 10, chegando hoxe a preto de 1.300 licenzas totais das que unhas 70 son femininas. Do mesmo xeito, sinalou a aposta pola base como demostra a segunda edición do Xogade coas motos que leva a primeira experiencia de motociclismo aos rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
244136 {"title":"Lete enxalza o motociclismo galego como referente mundial na presentación da proba máis importante do Enduro, os Six days, que chegará a Galicia en outubro","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150773\/_00A5447.jpg","id":"244136"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/244136-lete-enxalza-motociclismo-galego-como-referente-mundial-na-presentacion-da-proba-mais-importante-do-enduro-os-six-days-chegara-galicia-outubro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.