A Xunta apoia o IX Torneo de fútbol memorial Pedro Canoa de Sarria, que congregará a uns 900 xogadores esta fin de semana no estadio da Ribela

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación deste encontro organizado pola SD Sarriana, que contará con 72 equipos de 24 clubs de toda Galicia, así como de Asturias e Castela e León

Sarria (Lugo), 5 de xuño de 2024

A Xunta apoia o IX Torneo Memorial Pedro Canoa de Sarria, que reunirá esta fin de semana a uns 900 xogadores de entre 5 e 13 anos no estadio da Ribela.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou na presentación da cita xunto co presidente da SD Sarriana, Manuel Sangil; o coordinador do campionato, José López, e outros membros da organización e de entidades implicadas.

O torneo disputarase durante tres días e congregará a 72 equipos de 24 clubs procedentes das catro provincias galegas, así como de Asturias e Castela e León. 

Os partidos comezarán o venres 7 de xuño pola tarde coa categoría prebenxamín; mentres que o sábado xogarán benxamín e alevín e o domingo será a quenda da categoría infantil.

Arias felicitou á SD Sarriana pola traxectoria deste encontro que cada ano esperta máis interese entre os clubs de fútbol e subliñou a importancia do deporte e dos hábitos de vida saudables "como un valor que lles hai que transmitir aos máis pequenos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
244134 {"title":"A Xunta apoia o IX Torneo de fútbol memorial Pedro Canoa de Sarria, que congregará a uns 900 xogadores esta fin de semana no estadio da Ribela","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150773\/050624+Presentacion+Memorial+Pedro+Canoa+Sarria+1.jfif","id":"244134"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/244134-xunta-apoia-ix-torneo-futbol-memorial-pedro-canoa-sarria-congregara-uns-900-xogadores-fin-semana-estadio-da-ribela https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.