A Xunta recibe máis de 100 solicitudes á convocatoria de incentivos para a realización de programas e actividades de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais

  • O cambio nas bases para incorporar, como novidade, programas que teñen como destinatarios persoas con síndrome de Down e as modificacións en canto aos criterios de valoración fai necesario ampliar o prazo para a resolución das axudas
  • Establecéronse catro liñas de axudas para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen enfermidades neurodexenerativas; trastorno do espectro autista; dano cerebral adquirido, parálise cerebral e epilepsia; ou enfermidades raras e linfedema
  • A Consellería de Sanidade incrementou en 50.000 € a partida orzamentaria destinada a estes programas ata chegar aos 300.000 €
  • A contía dos incentivos oscila entre os 4.000 e os 12.000 €

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a necesidade de ampliar nun mes o prazo de resolución e notificación dos expedientes para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais, tras ter recibido un total de 105 solicitudes.

Na convocatoria deste 2024, a Xunta incorporou como novidade as actividades que teñan como destinatarias as persoas con síndrome de Down. Este cambio supuxo tamén cambios nas bases con respecto aos criterios de valoración, que agora son máis específicos, na procura de garantir a calidade dos programas seleccionados. Isto fai necesaria a ampliación do prazo para resolver e notificar as concesións destes incentivos, en réxime de concorrencia competitiva.

En total, a Consellería de Sanidade destina 300.000 euros para mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades de atención sociosanitaria e aumentar a súa autonomía, favorecer a súa rehabilitación, mellorar a súa integración, ou paliar as posibles limitacións que atopan estas persoas no seu día a día.

Na presente edición, o Executivo galego incrementou en 50.000 euros a partida orzamentaria destinada aos programas sociosanitarios que realizan as entidades sen ánimo de lucro.

A Xunta impulsa catro liñas de axuda para apoiar a realización de actividades, accións e medidas dirixidas a apoiar aquelas persoas que teñen necesidades sociosanitarias especiais.

En concreto, a primeira liña de incentivos conta cunha partida de 115.000 euros e irá dirixida a impulsar os programas relacionados con enfermidades neurodexenerativas, como o alzheimer, a demencia ou o párkinson. A segunda liña de axudas, para as que se dispón unha partida de 65.000 euros, apoiará actividades vinculadas ao trastorno do espectro autista. A terceira liña dispón de 60.000 euros para programas que abordan o dano cerebral adquirido, a parálise cerebral ou a epilepsia. Por último, a orde reserva unha partida de 60.000 euros destinada a unha cuarta liña de axudas centrada nas enfermidades raras, o linfedema e a síndrome de Down.

Deste xeito, a Xunta subvencionará aqueles programas que, relacionados con estas doenzas, aborden os eidos da rehabilitación fisioterapéutica, a logopedia, o ámbito cognitivo, as terapias ocupacionais ou o apoio psicolóxico destinado á atención e rehabilitación destes colectivos.

As entidades sen ánimo de lucro que queiran optar a estes incentivos puideron solicitar a súa inclusión nunha única liña do programa e optar a incentivos que oscilarán entre os 4.000 e os 12.000 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243645 {"title":"A Xunta recibe máis de 100 solicitudes á convocatoria de incentivos para a realización de programas e actividades de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"243645"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243645-xunta-recibe-mais-100-solicitudes-convocatoria-incentivos-realizacion-programas-e-actividades-caracter-sociosanitario-ambito-dos-trastornos-mentais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.