A Xunta publica no DOG a convocatoria en xullo dos titulares dos terreos necesarios para completar a rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra

  • O levantamento das actas previas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto terán lugar o día 3 de xullo de 2024  no Pazo da Cultura de Pontevedra
  • Trátase das actuacións para dotar de continuidade os treitos de colector lonxitudinal de drenaxe de augas pluviais da marxe dereita da PO-223, entre os puntos 3+640 e 4+450 
  • Esta intervención enmárcase nas obras de execución de sendas na PO-223, entre O Couso e Sobral e na PO-224, na San Andrés de Xeve

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria no mes de xullo dos titulares dos terreos necesarios para completar a rede de drenaxe na PO-223 no concello de Pontevedra.

Trátase da definición das actuacións necesarias para dotar de continuidade os diferentes treitos de colector lonxitudinal de drenaxe de augas pluviais da marxe dereita desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 3+640 e 4+450.

Así, o DOG recolle hoxe este anuncio polo que se convocan os actos para o levantamento de actas previas á ocupación o día 3 de xullo, entre as 9.00 ás 10.00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Posteriormente, o acto da formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 30 de xullo, no mesmo lugar e seguindo o mesmo horario.

Esta aprobación definitiva do anteproxecto implica a declaración de utilidade pública dos terreos necesarios para executar as obras. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240605/AnuncioG0181-200524-0001_gl.html

Cómpre lembrar que a Xunta impulsa nese mesmo tramo da PO-223 unha senda entre O Couso e Sobral e outra na PO-224, na San Andrés de Xeve, prevendo a instalación dun colector de drenaxe nunha parte do tramo, pero non no treito completo.

A este respecto, as actuacións contempladas no anteproxecto aprobado permitirán completar a rede drenaxe xa prevista na obra en curso para a construción da senda, podendo conducir as augas desde o punto quilométrico 4+460 ata a seguinte obra de drenaxe existente augas abaixo no punto 3+600.

Con esta actuación, que evita a escorrenta de augas pluviais a unha parcela destas inmediacións, a Xunta tamén cumpre o disposto nunha sentenza xudicial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243518 {"title":"A Xunta publica no DOG a convocatoria en xullo dos titulares dos terreos necesarios para completar a rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"243518"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243518-xunta-publica-dog-convocatoria-xullo-dos-titulares-dos-terreos-necesarios-completar-rede-drenaxe-da-estrada-po-223-concello-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.