A Xunta avoga pola dixitalización e a ecoinnovación de produtos forestais para gañar en competitividade

Imagen del artículo A Xunta avoga pola dixitalización e a ecoinnovación de produtos forestais para gañar en competitividade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou na clausura da xornada Dixitalización e sostibilidade no aproveitamento da biomasa

Lugo, 4 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, avogou hoxe pola dixitalización e a ecoinnovación de produtos forestais para que as empresas da industria forestal galega gañen en competitividade.

Jacobo Aboal participou na clausura da xornada Dixitalización e sostibilidade no aproveitamento da biomasa organizada polo Clúster de Biomasa de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde puxo en valor a liña de axudas convocada pola Xunta cun importe de 4M€ para a transición dixital das pequenas e medianas empresas ligadas á cadea monte industria en Galicia.

Trátase dunha liña de achegas que contribuirán á consolidación das pemes que conforman este sector, o que lles permitirá gañar en competitividade e apostar por procesos de produción con menor impacto ambiental. Ademais, está enmarcada na Axenda de impulso forestal-madeira, unha folla de ruta deseñada conxuntamente cos principais axentes do sector para potencialo e impulsar a bioeconomía como motor de competitividade, favorecendo unha sociedade saudable, neutra en carbono, baseada no emprego verde e no consumo de produtos locais.

Por outra banda, o director fixo alusión a algunhas das ferramentas que a Xunta de Galicia ten a disposición do sector forestal de Galicia para mellorar a súa competitividade En concreto, destacou a ferramenta gratuíta que permite etiquetar a trazabilidade dos produtos da madeira mediante o uso da tecnoloxía Blockchain (FORTRA). O seu obxectivo é actuar como unha ferramenta de mercado, de carácter comercial, que permita ao sector diferenciar o seu produto e mellorar o seu posicionamento nos mercados nacional e internacional.

Jacobo Aboal fixo referencia tamén ao Inventario Forestal Continuo de Galicia que ten o obxectivo de dispoñer dun valor actualizado e preciso do volume de biomasa nos bosques de Galicia e que permite ter unha fotografía en detalle do estado e evolución das masas forestais de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
242112 {"title":"A Xunta avoga pola dixitalización e a ecoinnovación de produtos forestais para gañar en competitividade","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/20240604+DX+XeraXornadasLugo_2jpeg.jpeg","id":"242112"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/242112-xunta-avoga-pola-dixitalizacion-e-ecoinnovacion-produtos-forestais-ganar-competitividade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.