A consellería do Medio Rural afonda en vías de colaboración cos concellos de Crecente e Cerdedo-Cotobade
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora de Seaga, Luisa Piñeiro, reuniuse hoxe co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, e co rexedor de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para afondar en vías de colaboración con estas localidades pontevedresas.
Nas dúas xuntanzas mantidas hoxe en Santiago de Compostela avaliáronse temas de interese para os concellos de Crecente e Cerdedo-Cotobade en materia de mobilización de terras ou de mellora de infraestruturas no rural, entre outras cuestións.