A Xunta traballa na configuración dun territorio intelixente, que facilitará a xestión dos servizos públicos e dos sectores produtivos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Xa está en marcha a Rede ICousas, pedra angular desta iniciativa, que permitirá a sensorización do territorio
  • O centro GaiásTech acolleu esta mañá unha xornada sobre os retos da transformación dixital nos sectores turístico, cultural e deportivo
  • O director de Turismo de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o responsable da Área de Sociedade Dixital da Amtega inauguraron o encontro

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

A xornada Horizontes Dixitais: Innovación en Turismo, Cultura e Deporte reuniu, esta mañá, en Santiago, a profesionais e expertos dos tres sectores para abordar os retos e desafíos da transformación dixital. O encontro foi inaugurado polo director de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Miguel Rodríguez; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; e o director-xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel.

O director de Área de Sociedade Dixital lembrou que unha das iniciativas da Estratexia Galicia Dixital 2030 é a configuración dun territorio intelixente, que facilitará a toma de decisións e a xestión, tanto dos servizos públicos como doutros ámbitos como o cultural,  ou o turístico. Miguel Rodríguez sinalou que a pedra angular desta iniciativa, a Rede ICousas, xa está en funcionamento e que ten capacidade para instalar ata 300.000 sensores no territorio, o que permitirá captar grandes cantidades de datos.

O director de Turismo destacou a recente licitación do Observatorio de Sostibilidade, baseado na análise de datos e lembrou que o turismo é un dos sectores que máis participa no desenvolvemento tecnolóxico. Tamén, salientou a importancia que a dixitalización terá na futura Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030, na que a Xunta está a traballar.

Pola súa banda, o director-xerente da Fundación Deporte Galego puxo en valor o uso de aplicacións para a xestión ordinaria das relacións do ámbito deportivo coa administración e anunciou a creación dunha plataforma para acoller o censo de instalacións deportivas con utilidades como a xeolocalización.

Tras a inauguración, o CEO de Neuromobile, Raúl Serapio, recoñecido como uns dos 100 directivos máis creativos pola revista Forbes en 2022, foi encargado da conferencia inicial. A xornada continuou cos debates das tres mesas redondas, unha por sector, e completouse cunha demostración de olería orixinal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241991 {"title":"A Xunta traballa na configuración dun territorio intelixente, que facilitará a xestión dos servizos públicos e dos sectores produtivos","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/94829-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"241991"} galicia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241991-xunta-traballa-na-configuracion-dun-territorio-intelixente-facilitara-xestion-dos-servizos-publicos-e-dos-sectores-produtivos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.