A Xunta reúnese co Consello de Seguridade Nuclear para coordinar as inspeccións e controis no ámbito autonómico

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e representantes do CSN fixeron balance da planificación de 2023 e da folla de ruta deste 2024
  • O Goberno galego inspeccionou o ano pasado 46 instalacións radiactivas, 21 de raios X de radiodiagnóstico médico e tres transportes de material radiactivo

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión da comisión mixta de seguimento entre o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) e a Xunta. Por parte do CSN asistiron, entre outros representantes, o secretario xeral da entidade, Pablo Martín, e o director técnico de Protección Radiolóxica Operacional (DPR), Javier Zarzuela.

O obxectivo deste encontro é avaliar a encomenda de xestión que o CSN atribúe ao Goberno galego para que exerza no seu ámbito territorial controis e inspeccións neste ámbito. Así, representantes de ambas institucións realizaron un balance da execución da planificación do pasado ano, durante o que se cumpriron todos os obxectivos fixados con 67 inspeccións, das que 46 corresponden a instalacións radiactivas e máis dunha vintena a raios X de radiagnóstico médico, polo que ambas partes amosaron a súa satisfacción polos resultados acadados ata o momento.

Ademais, abordouse tamén a planificación deste 2024, que inclúe 37 controis de instalacións radioactivas e 22 de radiodiagnóstico médico.

En materia de transporte, o ano pasado leváronse a cabo tres controis relacionados co transporte de material de radiactivo -dous de radiofármacos ou fontes de aplicación industrial e un relacionado coa xestión de actividades dunha radiofarmacia ou ciclotrón- e para este 2024 están planificadas cinco.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241985 {"title":"A Xunta reúnese co Consello de Seguridade Nuclear para coordinar as inspeccións e controis no ámbito autonómico","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/94816-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"241985"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241985-xunta-reunese-co-consello-seguridade-nuclear-coordinar-as-inspeccions-e-controis-ambito-autonomico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.