A Xunta investiu 329.000 euros na mellora da eficiencia enerxética do CEIP Santa María do Valadouro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o centro conta con novas cubertas, carpinterías exteriores que incrementan o illamento e iluminación LED que reduce o consumo

O Valadouro (Lugo), 4 de xuño de 2024

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP executou obras de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Santa María do Valadouro, cun orzamento de adxudicación próximo aos 329.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro educativo para comprobar o resultado dos traballos, que se realizaron tanto no exterior como nos espazos interiores do centro educativo.

As obras incluíron a substitución das cubertas en mal estado nos soportais de acceso e no patio; así como na zona de despachos. As carpinterías exteriores cambiáronse por outras que proporcionan mellor illamento.

O proxecto tamén contemplou a substitución das luminarias por outras tipo LED de menor consumo con detectores de presenza nos corredores; a instalación de falsos teitos e o  pintado das zonas afectadas polas obras.   

Arias destacou que estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Xunta para modernizar toda a rede de centros educativos públicos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241979 {"title":"A Xunta investiu 329.000 euros na mellora da eficiencia enerxética do CEIP Santa María do Valadouro","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/94807-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"241979"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241979-xunta-investiu-329-000-euros-na-mellora-da-eficiencia-enerxetica-do-ceip-santa-maria-do-valadouro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.