A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas

  • O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades
  • A liña enmárcase no programa de Fondos de Transición Xusta, que buscan xerar un impacto económico e social positivo nestas zonas que, no caso de Galicia, están localizadas na provincia da Coruña
  • Os proxectos permitirán a activación do primeiro punto neutro de conectividade en Galicia que promoverá a xestión autónoma do tráfico de internet, e dun centro de produción remota para o audiovisual coa tecnoloxía máis avanzada

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a resolución da primeira convocatoria de axudas do Fondo de Transición Xusta para a provincia da Coruña que impulsa a Consellería de Economía e Industria a través do Igape. Trátase do novo programa de Centros Dixitais que suma 2,5 M€ para o impulso de dúas iniciativas que contribuirán á mellora da dixitalización do tecido empresarial e a modernizar a industria galega a través de novos proxectos de creación deste tipo de infraestruturas.

O obxectivo é facilitar, tanto a nivel empresarial como local, a mellora da dixitalización dos procesos empresariais, a contorna das empresas e os consumidores, así como modernizar e desenvolver a base industrial. Non en vano, a dispoñibilidade local destas infraestruturas dixitais de apoio e reforzo á industria beneficia de xeito especial ás pemes, ao permitirlles acceder a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades.

Neste sentido, os dous proxectos apoiados permitirán, dun lado, a activación do primeiro punto neutro de conectividade en Galicia, capaz de promover a xestión autónoma do tráfico de internet para mellorar a latencia de navegación, o que impulsará a transformación dixital entre as empresas galegas, especialmente no ámbito rural, sectores emerxentes e pemes; e, doutro, dun centro de produción que permite gobernar, de xeito remoto, producións audiovisuais empregando á tecnoloxía máis avanzada.

A través dos Centros Dixitais, o Goberno galego reforza a súa aposta por un modelo de crecemento intelixente, sustentable e innovador, contribuíndo á modernización e desenvolvemento da base industrial da zona na que se instalen.

Neste sentido, cómpre salientar que estas actuacións están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa de Fondos de Transición Xusta, que buscan xerar un impacto económico e social positivo e contribuír á consolidación das pequenas e medianas empresas nos lugares definidos para estas zonas, que se enfrontan a retos socioeconómicos importantes derivados do proceso de transición cara á neutralidade climática logo do peche das centrais térmicas. No caso de Galicia,  localízanse na provincia da Coruña.  

Así mesmo, o programa dá continuidade a outro tipo de actuacións deste estilo, como os Centros de Fabricación Avanzada, que están a impulsar sete proxectos que suman máis de 18,6 M€ en apoios e que están a permitir promover iniciativas en sectores industriais diversos, como as TIC, o biotecnolóxico, o turismo, o agroalimentario ou a saúde e deporte.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
239507 {"title":"A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas","published_date":"2024-06-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"239507"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-03/239507-xunta-destina-2-5-m-posta-marcha-dous-centros-dixitais-melloraran-competividade-das-pemes-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.