Xosé Merelles salienta a oportunidade da estratexia enoturística de Valdeorras para impulsar a comarca

  • Na inauguración da XXV Feira do Viño, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a folla de ruta incluída no Plan Territorial deseñado pola Xunta con fondos europeos 

O Barco de Valdeorras (Ourense), 1 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou a oportunidade que o Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras ao redor do viño suporá para impulsar turísticamente este destino. Como dixo, esta folla de ruta dotada con 1,5M€ e incluída no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia deseñado pola Xunta con fondos europeos, será unha ferramenta clave para a comarca nos vindeiros anos. Así o manifestou no transcurso da inauguración da Feira do Viño de Valdeorras, onde estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Baixo o lema 'Ruta do Viño Milenaria', o director da Axencia de Turismo de Galicia salientou a inclusión de medidas e ferramentas de dixitalización capaces de impulsar a ruta do viño na comarca, o turismo industrial, ou a rede de miradoiros en puntos de interese paisaxístico e patrimonial, entre outras. Xosé Merelles falou, ademais, da potencialidade do rural de Galicia, "onde o enoturismo se presenta como elemento fundamental para dalo a coñecer pero tamén como un elemento singular da nosa oferta turística".

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia afirmou que "Galicia gusta", tal e como demostra o feito de que o pasado ano recibise máis de 7 millóns de turistas e que no que vai de cuadrimestre, xa visitaron a Comunidade máis de 1 millón de persoas deixando os mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que hai rexistros.

Referíndose a Feira do Viño de Valdeorras, subliñou que se celebra "nun territorio que ten moito que ofrecer en canto a paisaxe, patrimonio, cultura, tradición e por suposto, cunha estupenda gastronomía na que o viño ten un lugar moi destacado". Neste sentido, tivo palabras de agradecemento para o Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras que o completo programa da Feira, "non só pon o acento nos viños producidos nesta produtiva zona, senón que tamén recalca a importancia da contorna natural na que medran as vides; as técnicas tradicionais de produción combinadas coa aposta pola innovación das adegas", sen esquecer o valor das xentes que transmiten unha cultura baseada no viño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
235954 {"title":"Xosé Merelles salienta a oportunidade da estratexia enoturística de Valdeorras para impulsar a comarca","published_date":"2024-06-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"235954"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-01/235954-xose-merelles-salienta-oportunidade-da-estratexia-enoturistica-valdeorras-impulsar-comarca https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.