A ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería de Lalín asistirá as urxencias e as emerxencias sanitarias da comarca de Deza desde este sábado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • ―      A nova ambulancia reforzará os recursos sanitarios das máis de 35.000 persoas que viven na comarca dezá 
  • ―      Desde o ano 2019, as ambulancias de soporte vital avanzado de Enfermería están presentes nas cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela, cun 96% de resolución autónoma das súas intervencións 

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2024

A ambulancia de soporte vital avanzado de Enfermería con base no concello de Lalín dará cobertura a todas as urxencias e as emerxencias sanitarias que se produzan na comarca de Deza a partir de hoxe. 

Este novo recurso asistencial reforza os recursos sanitarios das máis de 35.000 persoas.

Así, a ambulancia de servizo vital avanzado de Enfermería con base en Lalín permitirá realizar traslados de pacientes e garantir a prestación dos tratamentos durante longos traxectos, sen necesidade de mobilizar ao equipo de atención primaria do centro de saúde de referencia.

Desde o ano 2019, as ambulancias de servizo vital avanzado de Enfermaría están presentes nas cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela para optimizar a prestación asistencial nestas áreas, cun 96% de resolución das súas intervencións de xeito autónomo, é dicir, sen necesidade de mobilizar recursos medicalizados. 

Mellora dos tempos de asistencia

Ademais, a incorporación deste recurso asistencial de servizo vital avanzado permitirá mellorar os tempos de asistencia á poboación e incrementar a calidade asistencial a través da atención presencial daqueles pacientes que necesiten coidados de soporte vital avanzado.

Todas as ambulancias de servizo vital avanzado da rede de transporte sanitario urxente de Galicia-061, sexan medicalizadas ou de Enfermería, son vehículos cuxo equipamento e dotación permite prestar asistencia sanitaria in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado.

A asistencia sanitaria realizada polo persoal sanitario do 061 de Galicia, tanto no punto no que se atope o paciente como durante o traslado, está en todo momento coordinada e supervisada en tempo real, desde a Central de Coordinación, por médicos coordinadores especialistas na atención da urxencia e a emerxencia extrahospitalaria.

Cómpre subliñar que a decisión de incrementar a Rede de transporte sanitario urxente terrestre do 061 cunha ambulancia de servizo vital avanzado de Enfermería con base en Lalín confirma o compromiso da Xunta para mellorar a atención ás urxencias e ás emerxencias neste concello e na súa área de referencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
235798 {"title":"A ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería de Lalín asistirá as urxencias e as emerxencias sanitarias da comarca de Deza desde este sábado","published_date":"2024-06-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150716\/20240601+Ambulancia+Lalin1.jpeg","id":"235798"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-01/235798-ambulancia-soporte-vital-avanzado-enfermeria-lalin-asistira-as-urxencias-e-as-emerxencias-sanitarias-da-comarca-deza-sabado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.