Xunta e Concello de Teo analizan as necesidades de solo empresarial do municipio coruñés

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, no marco da rolda de contactos cos rexedores galegos que está a manter logo de asumir as competencias nesta materia

Santiago, 31 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, con quen tratou as necesidades de solo industrial que ten este concello coruñés.

Este encontro enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores e rexedoras locais, toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en materia de solo industrial, a través da Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, que inclúe na planificación industrial e enerxética a capacidade, tamén, para xestionar o solo empresarial que existe en Galicia e desenvolvelo onde sexa necesario.

No transcurso do encontro, a titular de Economía e Industria aproveitou para explicarlle á  rexedora teense as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento, así como os servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Económica de Galicia.

Finalmente, María Jesús Lorenzana lembrou que a Xunta conta tamén cunha liña de apoios para polígonos industriais. Nomeadamente, para a mellora de infraestruturas, para a creación de viveiros industriais e para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233888 {"title":"Xunta e Concello de Teo analizan as necesidades de solo empresarial do municipio coruñés","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/31052024+LorenzanaAlcaldesaTeo_1.jpeg","id":"233888"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233888-xunta-e-concello-teo-analizan-as-necesidades-solo-empresarial-do-municipio-corunes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.