A Xunta e a Real Academia Galega de ciencias suman esforzos na divulgación da investigación en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, reúnese con representantes da RAGC para abordar iniciativas comúns

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Carmen Cotelo, recibiu esta mañá na sede da axencia ao presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Juan Manuel Lema; á súa vicepresidenta, Alicia Estévez, e ao responsable de publicacións e relacións sociais, Fernando Pérez.

No encontro, a representación da RAGC expúxolle á representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP as actividades que desenvolven, así como os seus plans de futuro e conversaron sobre as iniciativas que comparten ambas entidades. En concreto, a Xunta colabora, entre outros, nos Premios á Transferencia de Tecnoloxía de Galicia e no Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas.

A directora de Gain destacou o amplo labor de divulgación da ciencia que realiza a institución a todos os niveis, desde os centros de ensino ata a sociedade en xeral, e o importante papel que xogan no recoñecemento a figuras senlleiras da historia da ciencia en Galicia, así como a científicos e científicas actuais en diferentes etapas da súa carreira profesional.

Neste senso, Carmen Cotelo reafirmou o interese da Xunta en seguir sumando esforzos neste ámbito, co obxectivo de facer consciente á sociedade da importancia da ciencia e da tecnoloxía no noso benestar económico e social, así como render homenaxe a aqueles persoeiros que fixeron e fan unha importante achega ao coñecemento e a tecnoloxía xerada en Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233829 {"title":"A Xunta e a Real Academia Galega de ciencias suman esforzos na divulgación da investigación en Galicia","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/20240531_again_01.jpg","id":"233829"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233829-xunta-e-real-academia-galega-ciencias-suman-esforzos-na-divulgacion-da-investigacion-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.