Unha vintena de centros desenvolve este curso unha ópera como proxecto educativo da man do Teatro Real

  • O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, clausura a xornada que pon fin ao programa 'LÓVA (A ópera, un vehículo de aprendizaxe)'
  • Participan 469 alumnos, 53 docentes e 19 centros educativos con 21 compañías

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, clausurou hoxe o programa LÓVA (A ópera, un vehículo de aprendizaxe), unha iniciativa desenvolvida en colaboración co Teatro Real na que este curso participaron 469 alumnos, 53 docentes e 19 centros con 21 compañías.

A iniciativa LÓVA, que desde os seus inicios hai 16 anos suma un total de 18.000 alumnos, é un proxecto innovador que utiliza a creación e produción dunha ópera como ferramenta pedagóxica para o desenvolvemento integral do alumnado. Na súa traxectoria ten acadados recoñecementos tan relevantes como o Premio Nacional de Boas Prácticas ou boa práctica educativa pola Cátedra Unesco, entre outros.

Para Román Rodríguez, a iniciativa é unha mostra do "fortalecemento das ensinanzas artísticas, que son sinónimo de profesionalización e reforzo da nosa cultura". O conselleiro reivindicou a súa utilidade "como parámetro da calidade de vida dun territorio". Como sinalou, o proxecto do Teatro Real é moito máis que un simulacro de ópera: "É unha experiencia educativa que involucra o coñecemento co ocio, converténdose nunha demostración clara do poder inclusivo e plural da educación como instrumento universal de integración para o benestar individual e colectivo", engadiu. 

O vindeiro curso 2024/25, o número de participantes de LÓVA poderá seguir incrementándose, pois ábrese unha nova convocatoria para un máximo de 13 centros.

A xornada na Cidade da Cultura

O encontro que se desenvolve hoxe na Cidade da Cultura ten como finalidade visibilizar o traballo desenvolvido polas compañías dos centros educativos que participan en LÓVA. Así mesmo, con esta cita búscase o recoñecemento ao alumnado que participa nel e, por outro lado, darlle a coñecer o proxecto ao profesorado que estea interesado.

Así, os docentes poden formarse sobre LÓVA, focalizándose nas ensinanzas artísticas a través de mesas redondas sobre as súas competencias clave, o seu proceso de transformación educativa e fases para a implementación no centro, así como os elementos do currículo que participan no desenvolvemento da iniciativa. Ademais, realízanse obradoiros sobre dinámicas e retos de LÓVA, sobre composición musical a cargo do pianista Jorge Bedoya, sobre maquillaxe artística e sobre dramatización.

No caso dos estudantes, tiveron a oportunidade de participar en talleres de composición musical, perruquería, iluminación, vestiario e audiovisual, entre outros. Así mesmo, visitaron a exposición sobre o proxecto e asistiron a unha representación de óperas.

Os centros participantes son os seguintes:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

CEIP A Magdalena

A Coruña

Cariño

CEIP Manuel Fraga

A Coruña

Cabanas

CEIP Plurilingüe Eladia Mariño

A Coruña

A Coruña

CEIP Isaac Díaz Pardo

A Coruña

A Coruña

CPR Grande Obra de Atocha

A Coruña

Ferrol

CEIP de Pazos

A Coruña

Ferrol

CPR Santa Juana de Lestonnac

A Coruña

A Laracha

CEIP Ramón Otero Pedrayo

A Coruña

Ponteceso

IES Eduardo Pondal

A Coruña

Pontedeume

CPR San José

A Coruña

San Sadurniño

CPI de San Sadurniño

Pontevedra

Cangas

CPR Eduardo Pondal

Pontevedra

Cangas

CEIP San Roque de  Darbo

Pontevedra

A Cañiza

CPI da Cañiza

Pontevedra

A Estrada

CEIP Pérez Viondi

Pontevedra

Ponteareas

IES do Barral

Pontevedra

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos

Pontevedra

Tomiño

CEIP Plurilingüe de Tebra

Pontevedra

Vigo

CPR Andersen Augalonga

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233826 {"title":"Unha vintena de centros desenvolve este curso unha ópera como proxecto educativo da man do Teatro Real","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"233826"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233826-unha-vintena-centros-desenvolve-curso-unha-opera-como-proxecto-educativo-da-man-do-teatro-real https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.