A Xunta pon en valor a puxanza do sector lácteo galego na véspera do Día mundial do leite

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • María José Gómez salientou o exemplo desta explotación á hora de apostar pola transformación e xerar valor engadido ao produto
  • Subliñou a aposta desta empresa familiar pola remuda na explotación e remarcou que a Xunta fomenta esta renovación xeracional con axudas que permitiron que preto de 5.000 mozos se incorporaran á actividade gandeira, a maior parte deles no lácteo
  • En relación coa conmemoración mañá do Día mundial do leite, puxo de relevo que este produto e os seus derivados constitúen un alimento "san, nutritivo e saboroso", en especial, remarcou, "se falamos de leite galego"

O Páramo (Lugo), 31 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe, na véspera do Día mundial do leite, a puxanza do sector leiteiro galego, como referente e eido estratéxico do agro na nosa comunidade. Fíxoo durante a súa visita á gandaría Quintián, situada na localidade lucense do Páramo, a quen situou de exemplo na transformación e á hora de xerar valor engadido ao produto.

Neste acto, a conselleira salientou a condición de Galicia como líder nacional en produción de leite, con máis do 40% do total español, e o feito de que a nosa comunidade figure no ranking europeo entre os dez primeiros postos. Lembrou, así mesmo, que Galicia transforma xa arredor do 65% do leite que produce e puxo precisamente como exemplo desta orientación a gandaría Quintián, que aposta pola produción de queixos de calidade e tamén pola venda directa do seu produto.

Nesta liña, Gómez felicitou os titulares desta explotación polo seu labor e por esa aposta pola transformación, e puxo en valor o apoio que recibiu por parte do Goberno galego, a través das achegas, como por exemplo, dos Plans de mellora, cuxa convocatoria para este ano conta cun orzamento de 47 millóns de euros, segundo lembrou a conselleira.

Remuda xeracional

No mesmo sentido, a titular de Medio Rural subliñou a aposta desta empresa familiar lucense pola remuda xeracional, xa que neste caso a actividade gandeira ten continuidade de pais a fillos. A conselleira remarcou a importancia desta cuestión e sinalou que por iso a Xunta fomenta a renovación xeracional con axudas que permitiron que preto de 5.000 mozos se incorporaran á actividade gandeira, a maior parte deles -destacou- no sector lácteo.

En parecidos termos, Gómez situou a formación como outro dos eixos claves do progreso deste eido produtivo e particular e do agro en xeral, e recordou o compromiso da Xunta con este ámbito, que se manifesta, entre outras accións, coa posta a disposición da mocidade de ata seis centros públicos especializados na materia. Do mesmo xeito, trasladou a relevancia de iniciativas como o banco de explotacións, que se está ultimando, co fin de facilitar o contacto entre persoas que queiran desenvolver o seu novo proxecto no campo e aquelas que vaian deixar a actividade.

En relación coa conmemoración mañá do Día mundial do leite, a conselleira puxo tamén de relevo que este produto e os seus derivados constitúen un alimento "san, nutritivo e saboroso", en especial, remarcou, "se falamos de leite galego". Por último, a titular de Medio Rural fixo un chamamento a celebrar esta xornada e o pulo acadado polo noso sector leiteiro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233824 {"title":"A Xunta pon en valor a puxanza do sector lácteo galego na véspera do Día mundial do leite","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/240531_ConseMR_Gandar%C3%ADa_Quinti%C3%A1n+IV.JPG","id":"233824"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233824-xunta-pon-valor-puxanza-do-sector-lacteo-galego-na-vespera-do-dia-mundial-do-leite https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.