A Xunta apoia o Desafío Os Ancares a favor da Fundación Española de Enfermidades Priónicas

Imagen del artículo A Xunta apoia o Desafío Os Ancares a favor da Fundación Española de Enfermidades Priónicas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Uns dez ciclistas lucenses percorrerán o 8 de xuño unha ruta de 215 quilómetros con 6.200 metros de desnivel acumulado polos concellos da Montaña

Lugo, 31 de maio de 2024

A Xunta de Galicia apoia o reto "Desafío Os Ancares", unha ruta ciclista que se propoñen completar varios corredores lucenses o día 8 de xuño para recadar fondos a favor da Fundación Española de Enfermidades Priónicas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento na Delegación Territorial xunto cos promotores, Jacobo Carlos Goás e Pablo González. Tamén interveu por videoconferencia Sara González, vicepresidenta da Fundación.

Ambos percorrerán nunha xornada coas súas bicicletas 215 quilómetros con 6.200 metros de desnivel acumulado, polos municipios de Lugo, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes. 

A súa intención é dar visibilidade e instar á investigación das doenzas priónicas, que producen un deterioro cognitivo ou condutual de rápida evolución, na maioría dos casos en semanas ou meses. Entre elas figuran a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, a encefalopatía bovina esponxiforme ou o Insomnio Letal.

Con este mesmo obxectivo, os dous  ciclistas afeccionados culminaron o pasado ano en catro días o traxecto de 800 quilómetros que separa Irún de Santiago de Compostela polo Camiño Norte.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233819 {"title":"A Xunta apoia o Desafío Os Ancares a favor da Fundación Española de Enfermidades Priónicas","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/310524+Desafio+Ancares.jfif","id":"233819"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233819-xunta-apoia-desafio-os-ancares-favor-da-fundacion-espanola-enfermidades-prionicas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.