A Xunta convoca a XV Edición dos Premios ao desenvolvemento rural cunha dotación total de 80.000 euros para oito categorías

  • Publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada
  • As persoas interesadas teñen un mes de prazo para presentar as súas candidaturas con iniciativas que deben estar concluídas con carácter previo a esta publicación no DOG

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria e as bases reguladoras da XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural de Galicia. A dotación orzamentaria total que destina a Consellería do Medio Rural a estes galardóns é de 80.000 euros, a razón de 10.000 euros para cada unha das persoas gañadoras participantes nas oito categorías establecidas. O obxectivo destes premios é recoñecer por parte do Goberno galego aquelas iniciativas que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada, tal e como se explica nas bases e na convocatoria.

Na resolución indícase que existen oito categorías: de mocidade, para persoas de menos de 40 anos; paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario; de interese social, para aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos ou do coidado dos maiores; categoría de turismo; do sector agrogandeiro; de mulleres, para iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por elas; de innovación tecnolóxica e, por último, de recuperación e posta en valor da terra agraria.

Reinvestimento na actuación premiada

As bases establecen que cada unha das persoas premiadas recibirá un diploma e unha dotación en metálico de 10.000 euros, que deberá reinvestir na iniciativa gañadora para realizar melloras, apostar pola conservación ou executar actuacións complementarias.

Poderán presentar a candidatura, e só nunha categoría, tanto as persoas físicas como xurídicas de natureza privada que executaran un proxecto en Galicia. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes a contar dende mañá. Tamén se contempla na convocatoria que quedarán excluídas aquelas iniciativas que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións destes premios ou que se encontren en fase de deseño ou execución na data de publicación da convocatoria.

Con respecto aos criterios de valoración, inclúense a aportación da iniciativa ao obxecto da categoría na que participa, á actividade económica do territorio en que se desenvolve, á creación de emprego, á incorporación e inserción laboral da muller e implicación en políticas de igualdade, así como o grao de contribución á inserción de colectivos ou persoas socialmente desfavorecidas.

Tamén se valora o grao de apoio social, de consolidación e de sustentabilidade da iniciativa desde o punto de vista económico, medioambiental e sociocultural, así como o seu interese desde o punto de vista da innovación, excelencia e orixinalidade. Na pasada edición destes Premios ao desenvolvemento rural de Galicia recibíronse un total de 55 propostas, repartidas entre as oito categorías.

Poden consultarse as bases completas dos premios, aquí:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240531/AnuncioO90-200524-0001_gl.html.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233815 {"title":"A Xunta convoca a XV Edición dos Premios ao desenvolvemento rural cunha dotación total de 80.000 euros para oito categorías","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"233815"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233815-xunta-convoca-xv-edicion-dos-premios-ao-desenvolvemento-rural-cunha-dotacion-total-80-000-euros-oito-categorias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.