Martínez Allegue supervisa as obras da terceira fase de mellora da estrada PO-235 no concello da Lama

  • Actúase ao longo dos case 7 quilómetros da vía autonómica, desde a parroquia de Seixido ata A Portela da Cruz, no límite coa provincia de Ourense, para mellorar a circulación e facilitar os desprazamentos
  • Ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho e mellorarase o seu trazado en diversas curvas
  • A previsión é que os traballos, que comezaron este mes de maio e axilizaranse durante o verán, estean finalizados no terceiro trimestre de 2025
  • A intervención culmina as actuacións de acondicionamento integral da vía ao longo dos seus 25 quilómetros

A Lama (Pontevedra), 31 de maio de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe xunto ao alcalde da Lama, David Carrera, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, as obras da terceira fase da mellora da PO-235, que se acaban de iniciar neste mes de maio e que completarán a transformación integral desta estrada autonómica neste concello pontevedrés. O obxectivo da Xunta é ter finalizadas as obras no terceiro trimestre de 2025.

Como destacou Martínez Allegue, os traballos desta terceira fase do acondicionamento desta estrada autonómica desenvólvense ao longo de case 7 quilómetros, entre a parroquia de Seixido ata A Portela da Cruz, no límite coa provincia de Ourense. Trátase, como subliñou, dunha actuación "moi agardada polos veciños e demandada polo Concello", que redundará "na mellora da seguridade viaria, na comodidade dos desprazamentos e, en definitiva, na mellora da calidade de vida dos veciños".

A actuación na PO-235 aborda a ampliación da plataforma ata acadar os 7 metros de ancho, de xeito que a vía disporá de 2 carrís cun ancho de 3 metros e beiravías de 0,5 metros en cada marxe, ademais dunha cuneta transitable de 1,50 metros. Na actualidade, nese treito a estrada ten estreitamentos que dificultan o cruce de vehículos e un ancho máximo de 5,60 metros, un problema ao que se dará solución con esta intervención

A intervención incluirá ademais a renovación do firme da estrada e a capa de rodaxe e tamén se abordará a mellora do trazado en distintas curvas ao longo do tramo obxecto de actuación.

Neste senso, Martínez Allegue explicou que se parte dunha estrada sinuosa, con curvas de radio reducido e incluso con curvas consecutivas ao longo dun quilómetro, "así que con esta agardada actuación incrementarase a seguridade viaria nesa zona".

Incluirase tamén a adaptación da drenaxe transversal da plataforma con tres puntos principais de evacuación e os traballos completaranse co revestimento de cunetas e á renovación do tendido, sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas. 

Con esta nova actuación na estrada autonómica PO-235 na Lama culmínase o acondicionamento integral da vía ao longo dos seus 25 quilómetros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233549 {"title":"Martínez Allegue supervisa as obras da terceira fase de mellora da estrada PO-235 no concello da Lama","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"233549"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233549-martinez-allegue-supervisa-as-obras-da-terceira-fase-mellora-da-estrada-po-235-concello-da-lama https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.