Gómez Caamaño salienta as actividades da plataforma Sanidade Mediaverso para promover hábitos de vida saudable entre a mocidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Sanidade proba as gafas de realidade virtual que permiten realizar exercicios guiados por unha monitora virtual
  • A Rede Galega de Promoción da Saúde continuará ata este venres difundindo as ferramentas da plataforma Sanidade Mediaverso entre o alumnado que acude á biblioteca universitaria

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou o expositor da plataforma Sanidade Mediaverso instalado na biblioteca universitaria Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela, no que se difunden as súas ferramentas para poñer en práctica hábitos de vida saudable para todas as idades.

Na visita estivo acompañado polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o director da Cátedra de Vida Saudable que promoven a Consellería de Sanidade e a USC, Francisco Caamaño, e o director da biblioteca, José Rodríguez Dopazo.

Coa orientación de coordinadores da Rede Galega de Promoción da Saúde, o conselleiro de Sanidade tivo a oportunidade de probar as gafas de realidade virtual coa aplicación EnMovemento. Nela reprodúcense imaxes que permiten realizar exercicios guiados a través dunha monitora virtual á que se debe imitar.

Ata o venres 31 de maio, a Consellería de Sanidade continuará a difundir as ferramentas de Sanidade Mediaverso entre o alumnado universitario para seguir unha alimentación saudable, promover o benestar emocional, a actividade e a eliminación de condutas adictivas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
231032 {"title":"Gómez Caamaño salienta as actividades da plataforma Sanidade Mediaverso para promover hábitos de vida saudable entre a mocidade","published_date":"2024-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/20240530_+sanidade+Mediaverso_x-3.JPG","id":"231032"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-30/231032-gomez-caamano-salienta-as-actividades-da-plataforma-sanidade-mediaverso-promover-habitos-vida-saudable-mocidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.