Medio Rural investiu preto de 4 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego

Imagen del artículo Medio Rural investiu preto de 4 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria do pasado ano das axudas para a execución de iniciativas innovadoras dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) da Consellería do Medio Rural
  • O obxectivo destas axudas é impulsar a creación e funcionamento destes grupos para contribuír á modernización da agricultura e das zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria do ano 2023 das axudas por parte da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. En total, concedéronse subvencións por un importe de 3,99 millóns de euros.

O obxectivo destas achegas é impulsar a creación e funcionamento de grupos operativos que contribúan á consecución do obxectivo de modernizar a agricultura e as zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización nas zonas agrícolas e rurais promovendo a súa adopción polos agricultores, mediante a mellora do acceso á investigación, á innovación, ao intercambio de coñecementos e á formación.

Os grupos operativos -formados polo menos por dous membros- teñen como finalidade promover novas formas de cooperación para a execución de proxectos innovadores. O obxectivo último é resolver un problema ou aproveitar unha oportunidade determinada nos sectores agroalimentario e forestal.

Os beneficiarios destes fondos son agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes, investigadores ou persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural. Tamén, empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas, cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
231029 {"title":"Medio Rural investiu preto de 4 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego","published_date":"2024-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150710\/210520+fresas+04av.jpg","id":"231029"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-30/231029-medio-rural-investiu-preto-4-m-2023-financiar-proxectos-innovacion-agro-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.