A Consellería de Sanidade e os Colexios Oficiais de Médicos de Galicia chegan a un acordo sobre o funcionamento do sistema XIDE para a organización da demanda en atención primaria

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

A Consellería de Sanidade e os Colexios Oficiais de Médicos de Galicia veñen de chegar a un acordo sobre o funcionamento do XIDE, o sistema impulsado para a organización da demanda nos centros de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

O sistema de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE) é un sistema organizativo deseñado pola Xunta co obxectivo de organizar a demanda nos centros de atención primaria.

Tras o acordo acadado agora entre a Consellería de Sanidade e os Colexios Oficiais de Médicos de Galicia, o XIDE continuará a ser aplicado no Servizo Galego de Saúde e será o xefe do Servizo de Atención Primaria o responsable de determinar o seu grao de usabilidade, adaptabilidade, e seguimento nos centros de saúde do seu Servizo e dentro do seu marco competencial.

O xefe do servizo de Atención Primaria será, tamén, o responsable do fluxo asistencial xerado polo uso desta ferramenta no ámbito dos centros de atención primaria que ten asignados, nun marco de autoxestión.

Ademais, o acordo prevé que se incorporen novos membros propostos polos Colexios Oficiais de Médicos ao comité de seguimento e avaliación do XIDE xa existente, na procura da mellora continua desta ferramenta.

A Consellería de Sanidade e os Colexios comprometéronse a continuar mantendo reunións periódicas co fin de realizar un seguimento sobre a aplicación das medidas acordadas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
230676 {"title":"A Consellería de Sanidade e os Colexios Oficiais de Médicos de Galicia chegan a un acordo sobre o funcionamento do sistema XIDE para a organización da demanda en atención primaria","published_date":"2024-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"230676"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-30/230676-conselleria-sanidade-e-os-colexios-oficiais-medicos-galicia-chegan-acordo-funcionamento-do-sistema-xide-organizacion-da-demanda-atencion-primaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.